SÁBADO 4 DE XUÑO DE 2022
ÚLTIMA ETAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO
RUTA DE MUROS-NOIA
Horario desta actividade:
9 da mañá: Selado de credenciais e saída desde a igrexa de Ortoño.
11.30-12.00: Chegada a Santiago.
12.00: Reunión de grupo para foto de familia e entrega de un pequeno agasallo a cada participante. Colabora o Concello de Ames.
Por mor dos grupos que se prevén ese día non será fácil entrar á Catedral a esta hora. Por ese motivo deixamos un rato de tempo libre antes do regreso pero como grupo non atravesamos nese momento a Porta Santa.
13.15 horas: regreso en bus desde a dársena de La Salle (ao lado do colexio La Salle, en rúa Valle-Inclán) a uns 5 minutos camiñando desde a Catedral.
Notas importantes:
1.-Deben inscribirse todos os participantes. Poden facelo presencialmente na sacristía ou por wasap ao 682 478 826. Evidentemente, só abonarán o custo do bus aqueles que fagan uso del para o regreso. Pero -por favor- inscríbanse todos.
2.- Para tramitar a Compostela -aqueles que realizaron todas as etapas- ese día (o sábado 4 de xuño) deben levar a credencial consigo e recolleráse ao final da etapa. Pero antes para abreviar trámites na obtención da Compostela e datos estadísticos envíen por wasap ao 686 47 23 20 (Susana) os seguintes datos: nome completo, idade e profesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario