jueves, 29 de abril de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro nº 123"

Intencións das Misas

Luns 3 (San Filipe e Santiago Apóstolos):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Javier González Romarís, a int. da súa irmá.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Marcelino Fernández e Dolores Sanmamed.
Martes 4:
· 19,30 h.: en Ortoño, polo Rvdo. Don Manuel Campos Varela.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Antonio Ferreiro Pais e esposa.
Mércores 5:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Lino Barbeito Vilas, esposa Dolores Reino Salaño e máis defuntos da súa familia.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Togores Paramés.
Xoves 6:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Mercedes Billa e José Manuel Losada.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Teresa Freire Alfonsín.
Venres 7:
· 19,30 h.: en Ortoño, por María del Carmen Pensado Balebona e pais.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por José Valiña Vidal e esposa Carmen Suárez.
Sábado 8 (San Miguel Arcanxo):
· 18,00 h.: en Bertamiráns: catequese.
· 19,30 h.: en Ortoño, por Ramón Álvarez Carril (Castiñeiras); polos defuntos da familia Dopazo Carreira; por José Mouriño Vello; por Victoria Vilacoba Seco.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por José Javier Autrán García, avoa Manuela e máis defuntos das súas familias; polos defuntos de Paulino González e esposa; a San Xudas Tadeo e a San Onofre, int. dunha devota; por Diosito González e Francisco e Adolfina Benítez.
Domingo 9 (IV de Pascua):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por María Teresa Blanco Cardeso.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Amalia Ameneiro Lata.

Escola de Catequistas

O venres 7, ás nove da tarde, na Casa Rectoral de Os Ánxeles (Brión) para tódolos catequistas do arciprestado de A Maía.

Imaxe do Rosario

Xa está na súa furna habitual da igrexa parroquial a imaxe da Virxe do Rosario, logo de ser restaurada no obradoiro do compostelán Luís Sóñora Lapido. Agora pretendemos restaurar a imaxe da Purísima para completar o conxunto do retablo. Os que queiran colaborar con donativos poden entregalos ó Sr. Cura.

Proclamas

Queren contraer matrimonio canónico: José Vicente Castro Puga natural e veciño da nosa Parroquia, con Irene López Sampedro, natural da Pobra do Caramiñal; Andrés Alonso Seisdedos, natural de Vigo e veciño da nosa Parroquia, con María del Carmen Val Sanlés, natural e veciña de Lamas-Moraña.

Bautismos

Ingresaron na Igrexa católica e na nosa comunidade parroquial, o sábado 24 de abril: Saray Guzmán Cernadas, e o domingo 25 de abril: Saraima Giménez Jimenez. Ás súas familias ¡parabéns!

Defunción

O pasado xoves 29 de abril, recibiu sepultura no camposanto parroquial a veciña de Sisalde Castora Nieto Ortiz, finada o día anterior ós 74 anos de idade. Descanse en paz.

Mes de maio, mes da Virxe María



De sempre percibiuse nas nosas parroquias unha unión grande entre o mes florido de maio coa devoción á Virxe María. Son moitos os homes e mulleres que acoden a ela, case de xeito espontáneo, en momentos de especial importancia ou mesmo de dificultade para poñer ós seus pes flores a xeito de pregarias.

Ela é para nós, antes que nada, modelo de oración. Ela pódenos aprender a buscar e aceptar na oración a vontade de Deus incluso cando non entendemos nada do que nos está a pasar (“Fágase en min, segundo a túa bondade”). Ela inícianos no descubrimento de motivos para a loanza de Deus na nosa vida (“A miña alma glorifica ó meu Señor”).

Dela aprendemos tamén a enfocar os momentos escuros ou mesmo a interceder polos necesitados.

Ela é o modelo de interiorización ou meditación do misterio cristián (“Conservaba todas estas cousas no seu corazón”).

Propiamente a nosa oración só pode dirixirse directamente a Deus ou a Xesús Cristo. Pero a Encarnación de Deus en Xesús, realizada en María, confírelle un carácter propio. María, a Nai de Xesús, é tamén Nai dos que somos irmáns de Cristo.

jueves, 22 de abril de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro" nº 122

Intencións das Misas

Luns 26 (San Isidoro de Sevilla):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por José Antelo Ferro.
Martes 27 (Nosa Señora de Montserrat):
· 19,30 h.: en Ortoño, a Santa Eufemia, int. de Concha Barbeito.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Manuel Uzal Lodeira.
Mércores 28:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Esther García Castiñeiras e Urbana García.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Miguel Ballester Sánchez.
Xoves 29 (Santa Catarina de Siena):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Javier González Romarís, a int. da súa esposa.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Carlos Vázquez Molezún.
Venres 30 (San Pío V):
· 19,30 h.: en Ortoño, á Virxe dos Milagres, int. de Dolores Arufe Bustelo.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Adelaida e Ramón Patiño Mallón.
Sábado 1 (San Xosé Obreiro):
· 18,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 19,30 h.: en Ortoño, por Concepción Veiga Arca e Mercedes Martínez Bustelo.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por María Teresa Reinoso Mariño e María Pilar González Reinoso; por Amalia Riaño; por Manuel Martínez Vieites (Suso); a San Xudas Tadeo e a San Onofre, int. dunha devota.
Domingo 2 (V de Pascua):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Vicente Américo Fernández Antelo.
· 12,15 h.: en Ortoño, por José Capeáns Martínez.

Cabodano

O sábado 1, ás seis da tarde na igrexa parroquial, celebrarase o funeral de primeiro aniversario por Prudencia Rodríguez Castro.

Defuncións

O pasado domingo 18, recibiu sepultura no camposanto parroquial a veciña de Bertamiráns: Dolores Brañas Álvarez, finada o día anterior ós 93 nos de idade. O pasado mércores 21 recibiu sepultura no noso cemiterio, a veciña de Castrigo María Teresa Blanco Cardeso, finada o día anterior en Santiago ós 87 anos de idade. Descansen en paz.

Cáritas

A colecta das misas do próximo fin de semana (primeiro de mes) será destinada para as actividades da nosa Cáritas parroquial.

Bautismos

Ingresaron na Igrexa católica e na nosa comunidade parroquial, o sábado 17: Alejandro Capeáns Sanluís; e o domingo 18 Kevin Fernando Botana Iglesias. Ás súas familias ¡Parabéns!

Mes do Rosario

O sábado 1 iniciamos o mes das flores dedicado á Virxe María. Rezarémo-lo Santo Rosario en Ortoño tódolos días antes da misa da tarde.

Casamento

O pasado sábado 17, casaron na nosa Parroquia: Breixo Cristovo Lojo e Ana Vázquez Alonso. Desexámoslle moita felicidade.

Catequese da Comunidade

Por mor da ponte festiva do primeiro de maio, non haberá grupos nese fin de semana.

Profesores de Relixión

Xuntanza de traballo na Casa Rectoral, o venres 30 ás sete e media da tarde.

"Casta meretriz"

Las noticias sobre abusos sexuales a niños son siempre terribles, mucho más si esas acciones son perpetradas por quienes tenían una especial obligación de tutela respecto al menor, como son sus propios padres, un profesor, un sacerdote, un religioso: quien tenía que proteger es el agresor. Imposible no sentirse concernido por el dolor de tantos inocentes. Es verdad que el problema de abuso de menores no es específico de ningún país ni de la Iglesia católica; pero no por ello uno deja de sentir una fuerte desazón y vergüenza porque eso haya sucedido dentro de instituciones católicas y por el modo en que esos hechos pecaminosos y criminales fueron afrontados por ciertos obispos. Todo esto está socavando gravemente la credibilidad y eficacia de la acción pastoral de la Iglesia. Como ha señalado Benedicto XVI, solo una acción decisiva llevada a cabo con total honestidad y transparencia restablecerá el respeto y el afecto hacia la comunidad de los seguidores de Jesús. Él mismo ha marcado el camino para este particular «nunca más»: pedir perdón a las víctimas, colaborar con la Justicia, purificación y renovación interna.

Pero también me siento perplejo por el ahínco de algunos en zarandear a dentelladas al Papa, en demoler la credibilidad -más allá de lo que lo hacen los propios hechos- de una institución que ha ayudado como ninguna otra a promover la dignidad humana y construir espacios de fraternidad y solidaridad. Es verdad que la Iglesia no siempre ha acertado, que ha pecado (ya San Ambrosio se refería a ella como una casta prostituta...), pero en su haber aún sobresalen los méritos. Por la maldad de una minoría de abusadores y defraudadores no podemos olvidar ni minusvalorar las vidas de millones de sacerdotes, religiosos y religiosas entregados (ayer, hoy y siempre) a la causa del hombre -que es la causa de Dios- en tantos y tantos lugares del mundo, muchos de ellos totalmente dejados de la mano de sus propios Gobiernos. Conozco personalmente a cientos de ellos, hombres y mujeres buenos, que solo quieren sembrar en medio del mundo el espíritu de las bienaventuranzas. Este domingo, en misa, me conmovió descubrir cómo en medio de tanto ruido la confianza de la gente en Dios sale indemne de esta refriega. Y es que ya San Pablo lo dejó escrito: “Llevamos ese tesoro en vasijas de barro, para que se vea bien que este poder extraordinario no procede de nosotros, sino de Dios”.
Publicado en: “La Voz de Galicia” el 3 de abril de 2010. Reproducción con permiso del autor.

jueves, 15 de abril de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro nº 121"

Intencións das Misas

Luns 19:
• 19,30 h.: en Ortoño, por Ramona Capeáns Dopazo e esposo.
• 20,30 h.: en Bertamiráns, por Amelia e Benigna González Patiño.
Martes 20:
• 19,30 h.: en Ortoño, por Javier González Romarís.
• 20,30 h.: en Bertamiráns, por Minia Liñares Capeáns e Prudencio Curráis Vidal.
Mércores 21 (San Anselmo):
• 19,30 h.: en Ortoño, por Celia Romarís Sebe e máis defuntos da familia.
• 20,30 h.: en Bertamiráns, ó Sagrado Corazón, int. de Carmen Carballeira.
Xoves 22:
• 19,30 h.: en Ortoño, por Suso Viña, Antonio Viña, Joaquín Méndez e Josefa Álvarez.
• 20,30 h.: en Bertamiráns, por Marisa e Fernando Fernández Sanmamed.
Venres 23 (San Xurxo):
• 19,30 h.: en Ortoño, por Mercedes Pazos Antelo.
• 20,30 h.: en Bertamiráns, por Camila Fontao Rey e máis defuntos da familia.
Sábado 24 (San Fidel):
• 18,00 h.: en Bertamiráns: catequese.
• 18,00 h.: en Ortoño: Funeral.
• 19,30 h.: en Ortoño, por Peregrina Carril Sánchez e Manuel Mata Carril.
• 20,30 h.: en Bertamiráns, por Moisés Pena, esposa Dolores Seijas e Manuel Varela.
Domingo 25 (IV de Pascua):
• 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
• 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
• 12,15 h.: en Ortoño, por María Fernández Martínez, irmá Peregrina, fillos Manuel e Peregrina Vázquez Fernández e máis defuntos da súa familia.

Cabodano

O sábado 24, ás seis da tarde na igrexa parroquial, celebrarase o funeral de primeiro aniversario por Balbina Pérez Grela.

Proclamas

Queren contraer matrimonio canónico: Luís Rivera Pajares con Mónica Orallo Catoira, naturais de Ponferrada e veciños da nosa parroquia en Bertamiráns.

Defunción

O pasado martes 13, recibiu sepultura no camposanto parroquial, o veciño de Maguxe: Vicente Américo Fernández Antelo, finado o día anterior ós 81 anos de idade. Descanse en paz.

Obras Misionais Pontificias

O vindeiro domingo 25, celébrase na Igrexa a Xornada polas vocacións nativas. ¿Sabían vostedes que o pasado ano 2009 o número de misioneiros (sacerdotes, relixiosos e voluntarios leigos) asasinados foi o dobre que no ano 2008? Que Santa María, Raíña das Misións, alente vocacións ó servicio da reconciliación.

jueves, 8 de abril de 2010

Domingo 11 de abril: Confirmaciones en Ortoño



El próximo Domingo 11 de abril, Octava de Pascua en el calendario litúrgico, nuestra comunidad parroquial celebrará la Confirmación de 34 de sus miembros (más otros cuatro presentados por el Párroco de Santa María de Os Ánxeles, en total 38 personas).


Se trata de 27 jóvenes y otros 7 adultos que han venido preparándose, los primeros durante los dos últimos cursos pastorales, y los segundos a lo largo de este Cuaresma imitando así el plantemiento del Catecumenado en la Edad Antigua de la Iglesia.


Presidirá la Eucaristía, en nombre del Sr. Arzobispo de Santiago, su Vicario Episcopal Territorial, Don José Antonio Seoane Ares (en la foto). La ceremonia dará comienzo a las doce y cuarto del mediodía.




Boletín Parroquial: "O Sineiro nº 120"

Intencións das Misas

Luns 12:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Pilar Tembra Gómez.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos de Castora Iglesias.
Martes 13:
· 19,30 h.: en Ortoño, ás Ánimas, e polos defuntos de María Vilacoba.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Carmen Freire Alfonsín.
Mércores 14:
· 19,30 h.: en Ortoño, por José Arufe Rodríguez e esposa Victorina.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por América Abet Varela e esposo.
Xoves 15:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Lino Barbeito Vilas, esposa Dolores Reino Salaño e máis defuntos da familia.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Ulloa Reinoso.
Venres 16:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Suso Viña, Antonio Viña, Joaquín Ménedez e Josefa Álvarez.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Manuel Sanmamed Núñez, finado recentemente na Arxentina.
Sábado 17:
· 18,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 18,00 h.: en Bertamiráns: catequese.
· 19,30 h.: en Ortoño, por Mario Montero Alonso, a int. dos veciños da Condomiña; á Virxe dos Milagres, int. de Francisco Liñares Martínez; por David Capeáns Arufe e os seus pais; por Carmen Fernández Vijoy; por José Mouriño Bello.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Silva Camafeita.
Domingo 18 (III de Pascua):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Amalia Ameneiro Lata.

Cabodano

O sábado 17, ás seis da tarde na igrexa parroquial, celebrarase o funeral de primeiro aniversario por Carlos Iglesias Lamas.

Cáritas

As colectas das misas do Día de Pascua, ascendeu a 651,60.-€ ¡Moitas grazas pola vosa manifesta xenerosidade!

Proclamas

Desexan contraer matrimonio canónico César Machado Fernández veciño da nosa Parroquia na rúa do Rueiro, con Eva María Vidal Querentes, veciña da parroquia de Os Ánxeles – Brión.

Bautismos

O Domingo de Pascua ingresaron na Igrexa católica e na nosa comunidade parroquial: Julia Abelleira Ferreiro; Álvaro Otero Vázquez; e Nieves Iglesias Pereira. Ás súas familias ¡Parabéns!

Escola de Catequistas

O venres 16, en Os Ánxeles – Brión, ás nove da tarde para os catequistas do arciprestado de A Maía.

Pais de nenos de 1ª Comuñón

O sábado 17, ás nove da tarde na capela de A Peregrina, manteremos unha xuntanza cos pais dos nenos que han celebrar a súa primeira comuñón en Bertamiráns ó longo deste ano (12 e 13 de xuño e 8 de agosto).

sábado, 3 de abril de 2010

Pascua florida

Deus, noso Pai, neste día, por medio do teu Fillo, tí venciche-la morte e abríchesno-las portas da vida eterna. Fai que os que celebrámo-la Pascua da resurrección do Señor sexamos renovados polo teu Espírito para resucitarnos con Cristo na luz da vida. Polo noso Señor Xesucristo, teu Fillo, que contigo vive e reina, en unión co Espírito Santo, e é Deus por sempre eternamente.
Amén.

Boletín Parroquial: "O Sineiro nº 119"

Intencións das Misas

Luns 5 (San Vicente Ferrer):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Manuel Vilas Gómez.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Dolores Togores e familia.
Martes 6 (San Celestino):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Marcelo Signorini e Bernarda García.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Josefa Seco Vilacoba.
Mércores 7 (San Juan Bautista de La Salle):
· 19,30 h.: en Ortoño, polos defuntos da familia Bárcena González.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Vicente Castro Chaves e fillo.
Xoves 8:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Coralia López Castiñeiras, esposo Dámaso e máis defuntos da familia.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por José González Patiño.
Venres 9 (Santa Casilda):
· 19,30 h.: en Ortoño, por José Ameneiro e Amalia Arceo.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
Sábado 10:
· 18,00 h.: en Bertamiráns: catequese.
· 19,30 h.: en Ortoño, por Concepción Veiga Arca e Mercedes Martínez Bustelo; por Manuela García Sebe e máis defuntos da súa familia; por Ramón Álvarez Carril (Castiñeiras); por Mario Montero Alonso, a int. dos veciños da Condomiña.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Amalia Riaño; por Manuel Martínez Vieites (Suso); por Victoria Fernández Silva; por Manuel Fernández Negreira; por Carmen Teresa Díaz Méndez.
Domingo 11 (II de Pascua):
· 9,00 h.: en Ortoño, por Andrés Lodeiro Mourelle e Trinidad Niceto González.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, Misa das Confirmacións, pola parroquia.

Catequese da comunidade

Por mor da Misa das Confirmacións non haberá catequese da comunidade o domingo 11 en Ortoño, pero si na capela da Peregrina o sábado 10 ás seis da tarde.

Cáritas

Xuntanza do equipo de voluntarios o mércores día 7 ás oito e media da tarde, no local da rúa Azcárraga 4, de Bertamiráns.

Confirmacións

34 persoas, (27 mozos e 7 adultos) recibirán a plenitude do Espírito Santo o domingo 11 ás doce e cuarto na igrexa parroquial. Presidirá a celebración o Vicario Episcopal Territorial de Santiago. farase un ensaio xeral da cerimonia o sábado 10 ás oito da tarde na igrexa parroquial.

Agradecemento

A tódalas persoas que colaboraron na organización e desenvolvemento dos cultos do Triduo Pascual. Que a nosa comunidade parroquial poida dicir con convencemento: “É certo, o Señor resucitou. Aleluia”.

jueves, 1 de abril de 2010

Venres Santo



Maldicido e cuspido polos homes,
mantivo firme o amor que nos libera,
co perdón e coa fe foi o máis forte,
anque en cruz o máis débil parecera.

Adorámoste cruz na fe bendita,
sinal de vida en Cristo conquistada,
sinal do camiñar dos que confían,
sinal da fe da Igrexa rescatada.

A Deus que con amor terma da historia
que é Pai, Fillo e Espírito, loanza,
a quen volve coa cruz unha esperanza
de salvación e vida, sexa a gloria.