jueves, 29 de octubre de 2009

Semana do 2 ó 8 de novembro de 2009

Intencións das Misas

Luns 2 (Defuntos):
· 12,00 h.: en Ortoño, Acto Xeral de Ánimas.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por tódolos defuntos.
Martes 3 (San Martiño de Porres):
· 18,00 h.: en Ortoño, polo Reverendo Don Manuel Campos Varela.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Vicente Ferreiro, Josefa Muíña e máis defuntos das súas familias.
Mércores 4 (San Carlos Borromeo):
· 18,00 h.: en Ortoño, por José Mouriño Bello.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Manuel Rodríguez Crespo.
Xoves 5:
· 18,00 h.: en Ortoño, polas Ánimas e defuntos dos presentes.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Walter Garrido Carballeira e o seu pai.
Venres 6:
· 18,00 h.: en Ortoño, por José Arufe Castiñeiras.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por América Abet Varela.
Sábado 7:
· 17,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 18,00 h.: en Bertamiráns, catequese.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, por Antonio Juliani Hernán, polos defuntos de María Cunqueiro e Santiago Boullón, a Santa Rita, int. dunha devota; por Rosa Araújo González.
Domingo 8 (XXXII do Tempo Ordinario):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por María Barco García.
· 12,15 h.: en Ortoño, por José Manuel Losada, Mercedes Villar e máis defuntos das súas familias.


Cabodano

O sábado 7 ás cinco da tarde, na igrexa parroquial, celebrarase o funeral de cabodano polo eterno descanso de Dolores Martínez Barreiro.

Defunción

O pasado martes 27 finou ós 72 anos de idade Ramiro Maroño Quintáns. Recibiu sepultura o xoves 29 no camposanto parroquial. Descanse en paz.

Bautismos

Polo sacramento do Bautismo, ingresaron na Igrexa católica, o sábado 24 Laura Díos Álvarez, e o domingo 25 Diego Núñez Carballeira. Ás súas familias ¡parabéns!

Acto Xeral de Ánimas

Celebrarémolo o luns día 2 ás doce do mediodía. Antes haberá servicio de confesións, ó remate rezaranse os tradicionais responsos no camposanto parroquial. Dente estas liñas agradecemos, moi sinceramente, os donativos recibidos e a devoción expresada para o desenvolvemento da Novena e Acto Xeral.

Cursiño de Cristiandade

O Movemento Diocesano de Cursiños de Cristiandade organizará, no fin de semana do 20 ó 22 de novembro, na Casa de Exercicios de Santiago, un novo cursiño en réxime de internado. Aberto para homes e mulleres de calquera idade e condición, pretende ser unha experiencia de convivencia, escoita e acollida do don de Deus, para tomar conciencia da nosa identidade de cristiáns. Os interesados poden contactar coa parroquia ou co teléfono 981.592.228.