sábado, 9 de enero de 2021

CATEQUESE: Aviso ante o nivel máximo de restriccións

 


O Concello de Ames entrou novamente no nivel máximo de restriccións para a loita contra a expansión da pandemia da COVID-19 en consecuencia parece oportuno evitar a reunión de persoas que supoñen as actividades catequéticas.

 

Por tanto esta fin de semana (9-10 de xaneiro) NON HABERÁ A CATEQUESE HABITUAL DOS TURNOS DO SÁBADO EN BERTAMIRÁNS E DOMINGO EN ORTOÑO.

Agradécese a colaboración dos pais/nais para que a Catequese continúe na casa e indícase que os nenos do 2º Curso realizarán na casa o Tema 8 do Libro que teñen na carpeta de materiais da Catequese.

Os do 1º Curso realizarán durante a semana unha actividade que serán colgada neste blogue a o longo do día de hoxe.

 

Pregamos as molestias que este feito poida ocasionar e agradecemos de antemán a colaboración das familias para que a Catequese continúe na casa.


Desde a Parroquia queremos recordar o valor fundamental da participación presencial na catequese e que a presencialidade é moi importante para que os nenos e mozos interactúen no proceso de aprendizaxe e as familias se sintan vinculadas, formen parte da comunidade parroquial e participen da eucaristía dominical.

Por ese motivo desde o inicio deste curso catequético xunto coas medidas hixiénicas, como o uso obligatorio de mascarillas, xel hidroalcohólico, distancia mínima de seguridade e límite de aforos, espacios ventilados e que son hixienizados antes e despois das sesións; tamén se traballou para crear grupos estables ou burbulla; é decir, o mesmo grupo de nenos coa mesma catequista. O obxetivo básico é que non se perda o curso. 

 

Actividades complementarias para esta semana:

Cateplay: Un juego online para niños, algo así como un parchís https://www.arguments.es/cateplay-online/ 

Este domingo la Iglesia celebra la fiesta del Bautismo de Jesús, en este enlace tienes un juego tipo test para profundizar en tus conocimientos https://www.arguments.es/jesuseselsenor/12p/story_html5.html Es muy importante que se puedan ver estos dos vídeos: https://www.youtube.com/watch? v=GOeG5zogdMs&list=PLUppYfbeQBT3jLzEFvODCyulsO2dUpqOM y este otro https://www.youtube.com/watch?v=aoOgNr_m_RI&list=PLUppYfbeQBT3jLzEFvODCyulsO2dUpqOM&index=4


PARA A SEGUINTE SEMANA IREMOS INFORMANDO POR ESTA CANLE



No hay comentarios: