Cantar
de Reis
Lorenzo Mónaco, Adoración dos Reis, ano 1420, Galería dos Ufizzi. Florencia.
Cantar
de Reis
Baixo os tellados da noite
cabalgan os reises magos.
Unha estrela pequeniña
vaille os vieiros marcando
i-o vento marcha dediante
para avisar ao Ben Nado.
No lusco-fusco da i-alba
rechouchían os paxaros.
A Virxen arrola ao Neno;
o boi quéntao co seu bafo.
Pombas con azas de neve
vanse na rua pousando.
Nos seus cabalos de lua
xa chegan os reises magos.
Celso Emilio Ferreiro
Poemas Soltos (1932-1978)
No hay comentarios:
Publicar un comentario