O libro dos Feitos dos
Apóstolos (12, 2-3) conta que o rei Herodes para lle dar un escarmento ordeou
unha persecución contra os seguidores de Xesús e mandou decapitar a Santiago
polo ano 44. Deste xeito o noso Santiago foi o primeiro dos Apóstolos en derramar
o seu sangue por fidelidade a Xesús. Os seus discípulos recolleron o seu corpo
e a tradición dinos que o trouxeron en barca ata a terra na que estivera,
desembarcando en Padrón. Logo foi levado nun carro cedido pola raíña Lupa e
déronlle sepultura nun lugar chamado Libredón, que hoxe é Compostela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario