Quen era Santiago?
Era fillo de Zebedeo e
Salomé. O seu irmán Xoán tamén foi Apóstol. A Santiago coñéceselle como “o
Maior” para distinguilo do outro Santiago (“o Menor”) dentro do grupo dos doce
apóstolos. Santiago e o seu irmán eran pescadores no lago de Galilea e ambos
eran coñecidos co alcume de Boanerges “fillos do Trono” polo seu carácter
apaixoado, arriscado, ambicioso e decidido. Santiago e Xoán, xuntamente con
Pedro formaron o grupo dos tres apóstolos mais cercanos a Xesús.
O ano 2021 é considerado
ano santo compostelán por caer a festa de Santiago (25 de xullo) en
domingo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario