Mañá, domingo de Ramos.
NON poderemos ter a Misa como
era habitual (multitudinaria e estreando algo todos). Pero coa ambición de que nada nos faga perder a ilusión e a
esperanza da victoria sobre este virus que nos ten confinados na casa, ás 12
horas do propio domingo tocarán as campás, anunciando o inicio da Semana Santa.
Confiemos en que o son das campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar (Rosalía de Castro) conforte ós enfermos polos que a esa hora faremos unha
oración especial cada un no seu fogar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario