O Concello de Ames en colaboración co Club de Atletismo Milla
Raio e as Cáritas Parroquiais do Milladoiro e Ortoño-Bertamiráns organizan a I Andaina
Solidaria por Ames que se desenvolverá o vindeiro domingo 29 de abril. Esta
andaina comezará ás 10:00 horas e realizarase pola Senda Verde, pero terá dous
puntos de partida, Bertamiráns e O Milladoiro. Os participantes camiñarán ata un
punto de encontro que será o campo da festa de Bugallido. Posteriormente, os
camiñantes volverán cara ao punto de partida. Os participantes que saian dende O
Milladoiro andarán unha distancia de 14 quilómetros, mentres que as persoas que
partan dende a Praza do Concello, en Bertamiráns, percorrerán 12 quilómetros. Quenes desexen participar nesta actividade poden inscribirse chamando ao
número de teléfono 981 884 991
ou enviando un
correo electrónico a deportes@concellodeames.org. O prazo de inscrición remata o
vindeiro 27 de abril ás 14:00 horas. A participación na carreira requirirá o
pagamento dun donativo de tres euros co obxectivo de recadar fondos para
Cáritas. Leer máis na web do concello.