jueves, 29 de abril de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro nº 123"

Intencións das Misas

Luns 3 (San Filipe e Santiago Apóstolos):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Javier González Romarís, a int. da súa irmá.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Marcelino Fernández e Dolores Sanmamed.
Martes 4:
· 19,30 h.: en Ortoño, polo Rvdo. Don Manuel Campos Varela.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Antonio Ferreiro Pais e esposa.
Mércores 5:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Lino Barbeito Vilas, esposa Dolores Reino Salaño e máis defuntos da súa familia.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Togores Paramés.
Xoves 6:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Mercedes Billa e José Manuel Losada.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Teresa Freire Alfonsín.
Venres 7:
· 19,30 h.: en Ortoño, por María del Carmen Pensado Balebona e pais.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por José Valiña Vidal e esposa Carmen Suárez.
Sábado 8 (San Miguel Arcanxo):
· 18,00 h.: en Bertamiráns: catequese.
· 19,30 h.: en Ortoño, por Ramón Álvarez Carril (Castiñeiras); polos defuntos da familia Dopazo Carreira; por José Mouriño Vello; por Victoria Vilacoba Seco.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por José Javier Autrán García, avoa Manuela e máis defuntos das súas familias; polos defuntos de Paulino González e esposa; a San Xudas Tadeo e a San Onofre, int. dunha devota; por Diosito González e Francisco e Adolfina Benítez.
Domingo 9 (IV de Pascua):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por María Teresa Blanco Cardeso.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Amalia Ameneiro Lata.

Escola de Catequistas

O venres 7, ás nove da tarde, na Casa Rectoral de Os Ánxeles (Brión) para tódolos catequistas do arciprestado de A Maía.

Imaxe do Rosario

Xa está na súa furna habitual da igrexa parroquial a imaxe da Virxe do Rosario, logo de ser restaurada no obradoiro do compostelán Luís Sóñora Lapido. Agora pretendemos restaurar a imaxe da Purísima para completar o conxunto do retablo. Os que queiran colaborar con donativos poden entregalos ó Sr. Cura.

Proclamas

Queren contraer matrimonio canónico: José Vicente Castro Puga natural e veciño da nosa Parroquia, con Irene López Sampedro, natural da Pobra do Caramiñal; Andrés Alonso Seisdedos, natural de Vigo e veciño da nosa Parroquia, con María del Carmen Val Sanlés, natural e veciña de Lamas-Moraña.

Bautismos

Ingresaron na Igrexa católica e na nosa comunidade parroquial, o sábado 24 de abril: Saray Guzmán Cernadas, e o domingo 25 de abril: Saraima Giménez Jimenez. Ás súas familias ¡parabéns!

Defunción

O pasado xoves 29 de abril, recibiu sepultura no camposanto parroquial a veciña de Sisalde Castora Nieto Ortiz, finada o día anterior ós 74 anos de idade. Descanse en paz.

No hay comentarios: