De sempre percibiuse nas nosas parroquias unha unión grande entre o mes florido de maio coa devoción á Virxe María. Son moitos os homes e mulleres que acoden a ela, case de xeito espontáneo, en momentos de especial importancia ou mesmo de dificultade para poñer ós seus pes flores a xeito de pregarias.
Ela é para nós, antes que nada, modelo de oración. Ela pódenos aprender a buscar e aceptar na oración a vontade de Deus incluso cando non entendemos nada do que nos está a pasar (“Fágase en min, segundo a túa bondade”). Ela inícianos no descubrimento de motivos para a loanza de Deus na nosa vida (“A miña alma glorifica ó meu Señor”).
Dela aprendemos tamén a enfocar os momentos escuros ou mesmo a interceder polos necesitados.
Ela é o modelo de interiorización ou meditación do misterio cristián (“Conservaba todas estas cousas no seu corazón”).
Propiamente a nosa oración só pode dirixirse directamente a Deus ou a Xesús Cristo. Pero a Encarnación de Deus en Xesús, realizada en María, confírelle un carácter propio. María, a Nai de Xesús, é tamén Nai dos que somos irmáns de Cristo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario