jueves, 22 de abril de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro" nº 122

Intencións das Misas

Luns 26 (San Isidoro de Sevilla):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por José Antelo Ferro.
Martes 27 (Nosa Señora de Montserrat):
· 19,30 h.: en Ortoño, a Santa Eufemia, int. de Concha Barbeito.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Manuel Uzal Lodeira.
Mércores 28:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Esther García Castiñeiras e Urbana García.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Miguel Ballester Sánchez.
Xoves 29 (Santa Catarina de Siena):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Javier González Romarís, a int. da súa esposa.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Carlos Vázquez Molezún.
Venres 30 (San Pío V):
· 19,30 h.: en Ortoño, á Virxe dos Milagres, int. de Dolores Arufe Bustelo.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Adelaida e Ramón Patiño Mallón.
Sábado 1 (San Xosé Obreiro):
· 18,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 19,30 h.: en Ortoño, por Concepción Veiga Arca e Mercedes Martínez Bustelo.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por María Teresa Reinoso Mariño e María Pilar González Reinoso; por Amalia Riaño; por Manuel Martínez Vieites (Suso); a San Xudas Tadeo e a San Onofre, int. dunha devota.
Domingo 2 (V de Pascua):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Vicente Américo Fernández Antelo.
· 12,15 h.: en Ortoño, por José Capeáns Martínez.

Cabodano

O sábado 1, ás seis da tarde na igrexa parroquial, celebrarase o funeral de primeiro aniversario por Prudencia Rodríguez Castro.

Defuncións

O pasado domingo 18, recibiu sepultura no camposanto parroquial a veciña de Bertamiráns: Dolores Brañas Álvarez, finada o día anterior ós 93 nos de idade. O pasado mércores 21 recibiu sepultura no noso cemiterio, a veciña de Castrigo María Teresa Blanco Cardeso, finada o día anterior en Santiago ós 87 anos de idade. Descansen en paz.

Cáritas

A colecta das misas do próximo fin de semana (primeiro de mes) será destinada para as actividades da nosa Cáritas parroquial.

Bautismos

Ingresaron na Igrexa católica e na nosa comunidade parroquial, o sábado 17: Alejandro Capeáns Sanluís; e o domingo 18 Kevin Fernando Botana Iglesias. Ás súas familias ¡Parabéns!

Mes do Rosario

O sábado 1 iniciamos o mes das flores dedicado á Virxe María. Rezarémo-lo Santo Rosario en Ortoño tódolos días antes da misa da tarde.

Casamento

O pasado sábado 17, casaron na nosa Parroquia: Breixo Cristovo Lojo e Ana Vázquez Alonso. Desexámoslle moita felicidade.

Catequese da Comunidade

Por mor da ponte festiva do primeiro de maio, non haberá grupos nese fin de semana.

Profesores de Relixión

Xuntanza de traballo na Casa Rectoral, o venres 30 ás sete e media da tarde.

No hay comentarios: