A paremioloxía (do grego paroimía, proverbio e logos, tratado) é a ciencia que estudia os refráns e os enunciados que teñen intención de transmitir algún coñecemento tradicional baseado na experiencia. A paremioloxía aproveita para extraer dos proverbios a información acumulada a través de centos de anos de historia. Esta información pode ser de moitos tipos: sociolóxica, gastronómica, meteorolóxica, histórica, literaria, zoolóxica, toponímica, lingüística, lexicográfica, relixiosa, agronómica...
Unha das achegas máis inestimables dos refráns son as referidas ós ciclos na natureza, ós ritmos do tempo. Cada ano repítense as mesmas estacións, cada ano secan as plantas e volven reverdecer, por iso son moi interesantes os proverbios e ditos entorno ó mes de maio, días nos que tradicionalmente celébrase o retorno da primavera e o renacer da natureza. Recollemos a continuación algúns.
En xeral, maio é un mes que goza das simpatías do home tradicional e agrícola pois representa a saída definitiva do inverno: ¡Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano!; “Maio maial, se vén como debe, non ten rival”.
Pero xa se sabe que, non hai quen pida e estea por un mes de maio chuvioso: “Cando en maio hai lama, inda algo se gaña”, facendo equivalencia daqueles casteláns que din: “Lodos en mayo espigas en agosto”; “Agua en mayo, pan para todo el año”; “Abril y mayo son las llaves de todo el año”; “Mayo lluvioso, campo pobre y huerto hermoso”.
Aínda que a reforma litúrxica desenvolvida polo Concilio Vaticano II hai cincuenta anos desprazou a festa da Santa Cruz do 3 de maio ó 14 de setembro, o certo é que en Galicia segue a ter ese día moitas evocacións de tipo labrego e cinexético: “Pola Santa Cruz de maio o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado”; “O día da Santa Cruz vai ver se a túa viña relúz”.
Tamén hai costumes nalgúns concellos de percorrer nos inicios de maio as leiras de pan cun fachico de palla e pronunciar fórmulas de purificación ou defensa contra o Mal desexando acadar moito gran e de bo tamaño. Se esto non se consegue o refrán sentencia: “O que en maio non merenda, ós mortos se encomenda”.
Neste inicio de maio de 2010 a moitos sorprendeunos o frío dos primeiros días. Non hai porqué alarmarse pois tamén di o refrán: “En maio aínda a vella queima o tallo, e para unha miguiña que lle quedou para o San Xoán a deixou”. Pero eso si, ¡por Deus que eso non dure moito tempo! pois: “Se marzo maiea e maio marcea ¡pobres dos pobres que viven na aldea!”.
Se queredes afondar máis no tema non deixedes de consultar un magnífico estudio de paremioloxía feito por un fregués desta parroquia: Xesús Ferro Ruibal, “Refraneiro galego básico”, Vigo, Editorial Galaxia 1987.

No hay comentarios:
Publicar un comentario