viernes, 25 de diciembre de 2009

Boletín Parroquial ("O Sineiro" nº 105)

Intencións das Misas

Luns 28 (Os Santos Inocentes):
· 18,00 h.: en Ortoño, por José Vázquez Gómez e máis defuntos da familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por José Luís Azcárraga.
Martes 29 (Santo Tomás Becket):
· 18,00 h.: en Ortoño, por María Isabel Sánchez Vázquez, esposo e fillo.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Emilio Carballeira e esposa, a int. da súa filla Carmen.
Mércores 30:
· 18,00 h.: en Ortoño, á Virxe Peregrina, int. de Javier Bello Rodríguez e esposa.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, ás Ánimas, int. de María Turnes.
Xoves 31 (San Silvestre):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Otilia Olveira Iglesias.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, ás Ánimas, int. de María Turnes.
Venres 1 (Santa María Nai de Deus):
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, polo Reverendo Don Manuel Campos Varela.
Sábado 2 (Santos Basilio e Gregorio):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Vicente Framil e esposa a int. da súa filla Esther; polos defuntos de Carmen Figueiras.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Silva Camafeita; polas intencións de Rita Blázquez; por María Castro Prieto, Balvanera Arufe Rodríguez e Daniel Cea.
Domingo 3 (II de Nadal):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Ramón Otero Rey.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Josefa Boquete Iglesias, a int. das súas irmás.

Amoestacións

Desexan contraer matrimonio canónico David Ferro Casal, natural de Venezuela e veciño da nosa parroquia en Bertamiráns, con Paula Lorenzo Fernández , natural e veciña de San Pedro de Bealo (Boiro).

Misa de 9 en Ortoño

O día de Ano Novo non haberá a misa de 9 da mañá na igrexa parroquial. Téñano en conta os que adoitan participar nela.

Cáritas

Colecta especial nas Misas do sábado e o domingo primeiros de ano. O equipo de voluntarios da nosa Cáritas Parroquial agradece tódalas axudas e donativos que está a recibir. ¡Que Deus volo premie!

Ano Santo Compostelán

Abrirase a Porta Santa da Catedral de Santiago na tardiña do día 31. A nosa parroquia peregrinará con todas as do arciprestado de A Maía o sábado 30 de xaneiro e celebrará a Misa do Peregrino ás 12 do mediodía.

Xornada Mundial pola Paz

A Igrexa celebra o 1 de xaneiro a Xornada Mundial de Oración pola Paz. O lema deste ano é "Combater a pobreza, construír a paz”. Dificilmente a paz a trae un sistema político, a paz constrúese no espírito de cada ser humano. Recemos pola paz no mundo y que a nosa vida leve algo de Paz á xente, e ó mundo que nos rodea.

No hay comentarios: