jueves, 17 de diciembre de 2009

Boletín Parroquial ("O Sineiro" nº 104)

Intencións das Misas

Luns 21:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuel Ferro Fernández.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, polos defuntos de Leonor Pose Romero.
Martes 22:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Victoria Seijas Reinoso, a int. da familia Maroñas.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Silva Camafeita.
Mércores 23 (Santa Bríxida):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Pilar Tembra Gómez.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina, int. de Claudina Rodríguez Rial.
Xoves 24:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuel Capeáns Martínez e esposa.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Togores Paramés.
Venres 25 (Nadal do Señor):
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: por Vicente Mourelle, fillo, avoa e José Gómez.
Sábado 26 (Santo Estevo):
· 18,00 h.: en Ortoño, Por Carmen Rabaneda Requena (aniversario); por Coralia López Castiñeiras esposo Dámaso e máis defuntos da familia; por Manuel Quintáns Fiúnte e defuntos da familia; por Amalia Ameneiro Lata.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, Misa Cantada por Dolores Cea, o seu fillo José Luís Pérez e demais defuntos da famlia.
Domingo 27 (A Sagrada Familia):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Minia Liñares Capeáns.
· 12,15 h.: en Ortoño, á Virxe Peregrina, int. de Celia Patrón.

Bautismo

O pasado domingo día 13 ingresou na Igrexa católica polo sacramento do Bautismo: Cecilia Pérez Nieto. Á súa familia ¡Parabéns!

Defunción

O sábado día 12 recibiu sepultura a veciña de Carballido Carmen Fernández Vijoy, finada o día anterior ós 102 anos de idade. Descanse en paz.

Amoestacións

Desexan contraer matrimonio canónico Rodrigo Gómez Ruíz, natural de Mieres (Oviedo) e veciño da nosa parroquia en Bertamiráns, con Silvia Malvar Méndez, de Tomeza (Pontevedra).

Exposición de beléns

Na capela de O Tremo, na veciña parroquia de Os Ánxeles, aberta tódolos días de cinco a sete da tarde ata o 10 de xaneiro. Unha boa ocasión para dar un paseo en familia e axudar á ambientación relixiosa do Nadal.

Misa de 9 en Ortoño

Os días de Nadal (25 de decembro) e de Ano Novo (1 de xaneiro) non haberá a misa de 9 da mañá na igrexa parroquial. Téñano en conta os que adoitan participar nela.

Pola familia e pola vida

O domingo 27, ás seis da tarde na Catedral de Santiago, o Sr. Arcebispo presidirá a celebración eucarística con familias de toda a diocese para celebrar a festa da Sagrada Familia e a gracia de sermos familia de Deus ¿Animámonos e imos?

No hay comentarios: