domingo, 6 de diciembre de 2009

8 de nadal: Inmaculada Concepción de María


Xogaba Iavé un día
mentres creaba unha estrela.

E pensaba tan limpa, tan fermosa e feiticeira,
que xa desde a concepción
fíxoa de gracia chea.

Xogaba Iavé un día
mentres creaba unha estrela.

Con raiolas a tecía.
¡Compraceuse moito nela!
A estrela brilla que brilla,
mesmo daba xenio vela.

Xogaba Iavé un día
mentres creaba unha estrela.

Por divina decisión
trocouse a estrela en muller:
sen lixo na concepción,
inmaculada ó nacer.

Xogaba Iavé un día
mentres creaba unha estrela.

Deulle por nome María
e emparentouse con ela
pois Nai do Fillo sería
e da humanidade enteira.

Xogaba Iavé un día
mentres creaba unha estrela.

(Himno de I Vísperas do Diurnal en galego)








No hay comentarios: