jueves, 10 de diciembre de 2009

Boletín Parroquial ("O Sineiro" nº 103)

Intencións das Misas

Luns 14 (San Xoán da Cruz):
· 18,00 h.: en Ortoño, por José Mouriño Bello.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Jesús Rodríguez Suárez, esposa e máis defuntos da súa familia.
Martes 15:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Herminio Freire, esposa e máis defuntos da súa familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, a Santa Lucía, int. de Rosario Espasandín.
Mércores 16 (Santa Adelaida):
· 18,00 h.: en Ortoño, a San Antonio, int. de María Framil.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Maximino Quinteiro Vidal e esposa.
Xoves 17:
· 18,00 h.: en Ortoño, polos defuntos e obrigacións de Fina Rodríguez Seijas.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Vicente Castro Chaves.
Venres 18 (Nosa Señora da Esperanza):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Concha e Manuel Tojo Freire e Serafina Rama Freire.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Dolores Seijas, Moisés Pena e Manuel Varela.
Sábado 19:
· 17,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 18,00 h.: en Bertamiráns, Catequese.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, por José Couso Mouriño; polos defuntos de Leonor Pose Romero; por José Rodríguez Suárez e Teresa Seijas Tembra.
Domingo 20 (IV Domingo de Advento):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Teresa Ferro e esposo José.

Funeral
O sábado 19 ás cinco da tarde, na igrexa parroquial, celebrarase o funeral de primeiro aniversario polo eterno descanso de Marcelino Frecha Iglesias.

Xuntanza de Catequistas
O venres día 18 haberá ás sete e media da tarde, na Casa Rectoral de Ortoño para tódolos catequistas da Parroquia.

Bautismos
O pasado domingo 6 ingresaron na Igrexa católica polo sacramento do Bautismo: Elías Moure Moruja e Luca García Barrán. Ás súas familias ¡Parabéns!

Grupo de formación bíblica para adultos
Próxima xuntanza: mércores 16, ás cinco da tarde, na Casa Rectoral de Ortoño. Pode participar quen o desexe. Contido: As parábolas dos Evanxeos.

Cáritas
O mércores 16, ás oito da tarde, no seu Local de Bertamiráns, haberá xuntanza do equipo de voluntarios.

Profesores Relixión
Os docentes de Ensinanza Relixiosa Escolar nos colexios públicos da zona, manterán unha nova xuntanza de traballo o próximo venres 19, ás sete e media da tarde, na Casa Rectoral de Ortoño.

Bendición de imaxes

Na catequese de Bertamiráns o sábado 19, e na Misa dos nenos o domingo 20, bendiciranse as imaxes do Neno Xesús e outras navideñas para seren colocadas nos beléns das casas. Animamos ós nenos para que as traian e así axudarlles a comprender o significado relixioso do Nadal.

Catequese da Comunidade
Logo do fin de semana do IV Domingo de Advento (19 e 20 de decembro) daremos vacacións ata o 16 e 17 de xaneiro do 2010.

Defunción
O xoves día 10 recibiu sepultura a veciña de Castrigo Minia Liñares Capeáns, finada o pasado día 8 ós 87 anos de idade. Descanse en paz.

No hay comentarios: