viernes, 31 de agosto de 2012

La Vuelta Ciclista


A Volta ciclista a España, pasa dentro duns minutos por esta parroquia. Hoxe, 31 de agosto, a décimo terceira etapa de La Vuelta, que consta de 172,8 quilómetros, desenvolverase entre Santiago de Compostela e Ferrol. Arredor das 13:30 h o pelotón pasará pola avenida da Maía e pola avenida da Peregrina, ambas dúas situadas en Bertamiráns (Ortoño) camiño de Negreira. Saúdos aos que lles gusta o deporte, en especial o ciclismo.

Poño esta noticia polo parecido en moitas ocasións do ciclismo coa nosa propia vida e pola importancia da constancia e tesón para acadar a meta.


Máis información en Concello de Ames.