viernes, 29 de junio de 2012

Retablo de la Virgen Peregrina

A Xunta Directiva da Cofradía da Peregrina de Bertamiráns presenta este proxecto de retablo para a Capela da Peregrina.

Buscouse facer unha proposta armoniosa e conforme ao conxunto deste espacio. O novo retablo destaca polo seu deseño escalonado, xogando con diversas alturas en madeira destacando o plano central onde se atopa enmarcada unha vidrieira xa existente, a imaxe da titular do templo -a Virxe Peregrina- e o Sagrario. Todo complétase con catro corpos laterais, dous a cada lado, que recollen as imaxes que xa se posúen: San Pedro e San Pablo, Santo Domingo e San Francisco Xavier (no foto  por erro sae san Xosé); recuperando así a antiga orde que había no retablo da capela do Pazo. En definitiva mediante unha linguaxe actual proponse a utilización de madeiras barnizadas con fondos gravados en pan de ouro.

 Pídese a colaboración de todos cantos poidades facer algunha achega económica para sufragar este proxecto. Trátase dunha obra que se acometerá ao mesmo tempo que o revestimento en pedra do lateral esquerdo deste templo cuxas obras comezarán o vindeiro luns 2 de xullo de 2012. As persoas que queiran facer algunha doación para este fin podedes entregala na Capela ou na conta da Cofradía da Peregrina.


Fotomontaxe do Proxecto de Retablo


Fotografía do antigo retablo da Peregrina na antiga Capela do Pazo