CÁRITAS
A colecta das Misas da fin de semana
pasado (2-3 de xunio) foi de 605,12 €
e irá destinada ás actividades e gastos da nosa Caritas Parroquial.
Catequese
1ª COMUNIÓN
Os nenos que fan a 1ª Comunión o fin de semana do 16-17
de xunio terán a Catequese entre o luns 11 e o venres 15 ás 18 horas na Capela
da Peregrina.
O luns e martes faremos un ensaio breve de cantos, ademáis da Catequese. Prégase aos pais que asistan.
O luns e martes faremos un ensaio breve de cantos, ademáis da Catequese. Prégase aos pais que asistan.
Os nenos que fan a 1ª Comunión o fin de semana do 23-24
de xunio terán a Catequese entre o luns 18 e o venres 22 ás 18 horas na Igrexa
Parroquial.
Proclamas
matrimoniais
Queren contraer matrimonio
canónico:
-César Rodríguez Castro e Leticia Balsa Losada, naturais de Santiago de Compostela e veciños desta parroquia no lugar de Bertamiráns.
Igualmente,
-Silvia Alonso Pérez, natural de Vigo (Pontevedra) e veciña desta parroquia no lugar de Carballido e Fernando Pino Gálvez, natural de Oviedo e veciño de Lugo.
-César Rodríguez Castro e Leticia Balsa Losada, naturais de Santiago de Compostela e veciños desta parroquia no lugar de Bertamiráns.
Igualmente,
-Silvia Alonso Pérez, natural de Vigo (Pontevedra) e veciña desta parroquia no lugar de Carballido e Fernando Pino Gálvez, natural de Oviedo e veciño de Lugo.
Capela
de Lapido
O día 13 de xunio, celebrarase unha Misa en
acción de gracias polas obras de rehabilitación alí acometidas. Ofreceráse á
Virxe da Mercé por todos os benfeitores de dita Capela. Igualmente haberá unha
misa o 21 de xunio a San Luis.
Ambos días ás 11 horas
Misa presidida polo Sr. Arcebispo o 13 de xunio de 2011
Novena
de San Xoán
Datas: 15-23 de xunio.
Horario:
19,30 h.: Exposición do Santísimo e Rosario.
20 h.:
Santa Misa con Novena.
Festas
e Procesión de San Xoán
Vaia dende estas liñas a gratitude dos Veciños
e Párroco unha vez máis á Comisión de Festas dos anos anteriores que organizaba a parte
lúdica destes actos.
Este ano; -sen pretender sustituír á Comisión-, estase a
traballar dende a Parroquia para que na tarde do 23 de xunio acompañando ao
noso padroeiro San Xoán vaia un grupo de gaitas e baile que realce a procesión.
O grupo será “Danzantes de Covas” de Meaño (Pontevedra).
As misas da Novena, Funeral Xeral de Defuntos e Misas
Solemnes da Festa serán a intención de todos coas achegas que xenerosamente
aportan.
¡Moitas gracias!
Alfombra
para o Santísimo
Agradécese
a colaboración de todas as persoas que poidan contribuír á confección dunha
alfombra floral para o Santísimo Sacramento no exterior da igrexa. O venres 15 e
do 18 ao 22 de xunio dende ás 17 horas na Casa Rectoral haberá turnos para
preparar os materiais. Agradécese tamén a todos os que poidan achegar pétalos
de flores (especialmente blancos e vermellos).
A
noite do 23 confeccionarase in situ.
Aviso importante
Durante a
Novena de San Xoán só haberá Misa na igrexa Parroquial a non ser ás Misas que
están reseñadas na entrada Boletín Parroquial "O Sineiro", n. 219.
Os días 23
(San Xoán), 24 (Santísimo) e 25 (San Antonio) só haberá Misa na Igrexa
Parroquial. Igualmente no mes de Agosto durante a Novena da Peregrina e día da
Festa só haberá Misa na Capela de Bertamiráns. Téñano en conta as persoas
que soen asistir.