lunes, 14 de mayo de 2012

Boletín Parroquial "O Sineiro", n. 215


Intencións das Misas



Luns 14: San Matías, apóstol.

·       20 h.: en Ortoño, por Eduardo Balsa e fillo.

·       21 h.: en Bertamiráns, por Juan Antonio; int. da súa esposa.



Martes 15: San Isidro, labrador.

·       20 h.: en Ortoño, polas Benditas Ánimas do Purgatorio e defuntos de María Vilacoba.

·       21 h.: en Bertamiráns, por Santiago Baliña Vidal e defuntos da familia.



Mércores 16:

·       20 h.: en Ortoño, por Armando Álvarez Álvarez.

·       21 h.: en Bertamiráns, por Manuel Puente Paz e Josefina Míguez Pulleiro.





Xoves 17: EXCURSIÓN PARROQUIAL



12 horas: Capelinha de Fátima (Portugal).

 (As intencións das misas previstas para hoxe serán aplicadas mañá venres).

NON HAI MISA NA PARROQUIA (nin na igrexa nin na capela).



Venres 18:

·       20 h.: en Ortoño, ao Beato Juan Pablo II; por Manuela Capeáns Martínez e defuntos da familia.

·       21 h.: en Bertamiráns, por José Valiña Vidal e a súa esposa. A San Antonio e a San Roque.



Sábado 19:

·       18 h.: en Ortoño, 1º Aniversario de Constantino Vilacoba Lorenzo e José Martínez Abelleira.

·       18,15 h.: en Bertamiráns, CATEQUESE.  

·       19 h.: en Bertamiráns, por Prudencia Rodríguez Castro; por Ramón Quintela Vázquez.

·       20 h.: en Ortoño, por Celia e defuntos da familia Gómez Miramontes; por Josefina Rivero, o seu sogro Ramón Conde e familia.


Domingo 20: ASCENSIÓN.

·       9,00 h.: en Ortoño, por Dolores Capeáns Garabán (2º Aniversario).

·       11,00 h.: en Bertamiráns, por todos os cofrades defuntos da Peregrina.

·       11,30 h.: en Ortoño, CATEQUESE.

·       12,15 h.: en Ortoño, á Virxe dos Milagros.





Ascensión





O vindeiro domingo, día 20 a Igrexa celebra a Ascensión do Señor. Xesús non gardou coma un privilexio a súa condición divina senón que despois de ter tomado a condición de servo ao rematar a súa peregrinaxe terrea ascende victorioso á casa do Pai, e dende alí é rei e Señor.





Xoves 17 de maio

HORARIO



  • Saída: 06:30 de Ortoño (iglesia) e ás 06:40 de Bertamiráns (C/Alcalde Lorenzo, ao lado do Concello).

  • Parada técnica.
  • 12 h.: Chegada  ao Santuario para rezar o Rosario e participar na Santa Misa na Capeliña.
  • Comida.
  •  15:30h. Visita ás casas dos pastoriños.
  • 17:00h. Regreso, con parada técnica na Fortaleza.
  • 23:00h. Chegada (aproximada).
 Prégase –por favor- que o importe da viaxe se abone antes da data para evitar facer esa xestión durante a xornada.