martes, 1 de noviembre de 2011

Boletín Parroquial "O Sineiro", n. 189

Intencións das Misas

Luns 31:

·         18 h.: en Ortoño, rezo do Rosario e a continuación Misa. NOVENA DE DEFUNTOS, DÍA 8º.

Martes 1: Tódolos Santos.

·         11 h.: en Bertamiráns, por tódolos cofrades defuntos da Peregrina.

·         12,15 h.: en Ortoño, NOVENA DE DEFUNTOS, DÍA 9º.

Mércores 2: Conmemoración de tódolos fieis defuntos.

·         12 h.: en Ortoño, SOLEMNE FUNERAL POR TÓDOLOS DEFUNTOS.

·         18 h.: en Ortoño, por tódolos defuntos.

·         19 h.: en Bertamiráns, por tódolos cofrades defuntos da Peregrina.

Xoves 3: San Martín de Porres.

·         18 h.: en Ortoño, por Ramona Capeáns Dopazo e Manuel Ferro Fernández.

·         19 h.: en Bertamiráns, por Camila Fontao e defuntos da familia.

Venres 4: San Carlos Borromeo.

·         18 h.: en Lapido, á Virxe da Mercé.

·         19 h.: en Bertamiráns, por Vicente Ferreiro, a súa esposa Josefa e defuntos da familia.

Sábado 5:

·         12 h.: en Ortoño,  por María Luisa Albardonedo Rico. A continuación darase sepultura ás súas cinzas no camposanto parroquial.

·         17 h.: en Ortoño, 1º Aniversario de Jesús Fiaño Fernández.

·         18.15 h.: Catequesis en Bertamiráns.

·         19 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina (int. persoa devota), por Francisca Díaz Aguilar, por José Javier Autrán García (int. do seu compañeiro Gonzalo Guillín), por Martín Brea e defuntos da familia, por Domingo Liñares Rey.

·         20 h.: en Ortoño, por Vicente A. Fernández Antelo; por Germán Marrero Hernández; por Manuel Barca Blanco; polas intencións de Mercedes Sánchez Villar.


Domingo 6 de NOVEMBRO: Aniversario da Visita de Benedicto XVI a Santiago.

·         9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.

·         11,00 h.: en Bertamiráns, por María Josefa Crismán Nieto, cofrade da Peregrina.

·         11.30 h.: Catequesis en Ortoño.

·         12,15 h.: en Ortoño, polos defuntos da familia Frecha Iglesias.

·         18 h.: na Catedral de Santiago, Misa en recordo da Visita do Papa, presidida polo Sr. Arcebispo.



Acto Xeral de Defuntos

-Lugar: igrexa parroquial o día 2 de novembro ás 12 horas. Presidirá o Ilmo. Sr. D. Leonardo Lemos Montanet, Canónigo Secretario do Cabildo da Catedral de Santiago. Cantará o Coro Amadeus.

Ao rematar rezaránse os responsos de costume.

-Dende as 11 da mañá haberá un sacerdote para confesar.

Mantemento Cementerio

Prégase aos titulares dos panteóns e sepulturas do cementerio parroquial que abonen a cuota de mantemento (limpeza, luz, auga-lixo…) persoalmente ao Párroco ou na conta de Novacaixagalicia 2091 0317 38 3040011746 indicando nome e número de panteón ou sepultura. O importe é de 15 €/ano.

Indulxencias

2 DE NOVEMBRO: Visitas a igrexas ou oratorios:       
-Concédese indulxencia plenaria, aplicable só ás almas do purgatorio, aos fieis cristiáns que, neste día, visiten piadosamente unha igrexa ou oratorio. Nesta piadosa visita, débese rezar o Noso Pai e o Credo.

1 AO 8 DE NOVEMBRO: Visitas ao cementerio:

-Concédese indulxencia plenaria, aplicable só ás almas do purgatorio, aos fieis cristiáns que visiten piadosamente un cementerio e que recen polos defuntos.
Para gañar unha indulxencia plenaria, ademáis de querer evitar cualquer pecado mortal ou venial, fai falta cumprir tres condicións: Confesión sacramental, Comunión Eucarística e oración polas intencións do Papa.

-As tres condicións poden cumprirse uns días antes ou despois de rezar ou facer a obra que incorpora a indulxencia. A indulxencia plenaria únicamente pode gañarse unha vez ao día.

No hay comentarios: