Intencións das Misas
Luns 10 (San Xoán de Ávila):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Josefa Couselo Varela.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Manuel Martínez Vieites (Suso). Misa de 2º Aniversario.
Martes 11:
· 19,30 h.: en Ortoño, ás Ánimas e polos defuntos de María Vilacoba.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, a Santa Lucía, int. dunha devota.
Mércores 12 (San Nereo):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Pilar Tembra Gómez.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina, int. dunha devota.
Xoves 13 (A Virxe de Fátima):
· 19,30 h.: en Ortoño, á Virxe de Fátima, int. de Lourdes Fernández Antelo.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Minia Liñares Capeáns e Prudencio Currais Porrúa.
Venres 14 (San Matías Apóstolo):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Manuel Vilas Gómez.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, a Santa Lucía, int. de Manuel Capeáns Pérez.
Sábado 15 (San Cidre Labrador):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Carmen Fernández Vijoy; por Javier González Romarís; por Mario Montero Alonso; por Victoria Vilacoba Seco; por Peregrina Fernández Martínez, irmá María e fillos Peregrina e Manuel.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Vera Aparecida Aguado, a int. das familias Castro Crismán e Fernández Valiño; por Diositodo González; por Manuel Pérez.
Domingo 2 (Ascensión do Señor):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Ramón Álvarez Carril (Castiñeiras).
Bautismos
Ingresou na Igrexa católica e na nosa comunidade parroquial, o domingo 2: Aldara Cea Loureiro. Á súa familia ¡Parabéns!
Mes do Rosario
Rezarémo-lo Santo Rosario comunitariamente en Ortoño tódolos días antes da misa da tarde.
Catequese da Comunidade
Por mor da ponte festiva das festas da Ascensión na contorna de Santiago e da celebración do Día das Letras Galegas, no próximo fin de semana non haberá grupos de catequese infantil.
Cáritas
A colecta das misas do pasado primeiro fin de semana destinada para as actividades da nosa Cáritas parroquial ascendeu a 739,50.-€ ¡Moitas grazas!
Camposanto
Como ben sabedes dende hai uns meses é unha empresa de limpezas e xardinería ha que desenvolve o mantemento dos espazos comúns do noso camposanto. Varios propietarios de panteóns e sepulturas amosaron o seu interese para colaborar economicamente con estes traballos. Pois ben, para tranquilidade de todos cómpre dicir que, cando no mes de novembro chegue a conmemoración dos Fieis Defuntos (onde tradicionalmente as familias da parroquia entregan donativos para a celebración da Novena e o Acto Xeral de Ánimas) tamén se admitirán as achegas de quen queira colaborar no mantemento e limpeza do camposanto.
Ensinanza da relixión nas escolas
Agora que é tempo de matricularse para o novo curso escolar, non esquezades pais e nais pedir para ós vosos fillos a asignatura de Relixión. Lembrade que non acadaremos una educación de calidade se excluímos dela a formación relixiosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario