jueves, 7 de enero de 2010

Pregrinación do Arciprestado de A Maía


O sábado 30 deste mes con tódalas parroquias do Arciprestado de A Maía, a nosa comunidade parroquial peregrinará ó sepulcro do Apóstolo Sant-Iago. Os que queiran ir en grupo (autobús ida e volta; Misa do Peregrino presidida polo Sr. Arcebispo; xantar e visita cultural ó templo parroquial de Padrón por un prezo de 20.-€) deberán anotarse antes do domingo 24 no despacho parroquial.
Para lucrarse das gracias do Xubileo compostelán cómpre: Visitar a Catedral, recitar algunha oración polas intencións do Papa (recomendase participar na Santa Misa), recibir os Sacramentos da Confesión e Comuñón (esto pode facerse quince días antes ou despois da visita á Catedral).

No hay comentarios: