jueves, 14 de enero de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro" (Nº 108)

Intencións das Misas

Luns 18:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuela García Sebe e Filomena Sebe, a int. de Matilde Silva.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, ás Ánimas, int. de María Turnes.
Martes 19:
· 18,00 h.: en Ortoño, por María Pilar González Reinoso (2º aniversario).
· 19,00 h.: en Bertamiráns, ás Ánimas, int. de María Turnes.
Mércores 20 (Santos Fabián e Sebastián):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Coralia López Castiñeiras, esposo Dámaso e máis defuntos da súa familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, polos defuntos de Blandina Bello Rey.
Xoves 21 (Santa Inés):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Manuel Núñez (Forestal).
Venres 22 (San Vicente):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Vicenta Carrera e defuntos da familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Adelaida Patiño.
Sábado 23 (San Ildefonso):
· 17,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 18,00 h.: en Bertamiráns, catequese.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, ás Ánimas e polos defuntos dos presentes.
Domingo 24 (III do Tempo Ordinario):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Josefa Gómez Rama.
· 12,15 h.: en Ortoño, por José Gómez Bustelo e defuntos da familia.

Cabodano

O sábado 23 ás cinco da tarde, na igrexa parroquial celebrarase o funeral de primeiro cabodano por Enrique González Grove.

Xuntanza de pais

O sábado 23, ás oito e cuarto da tarde, na capela da Peregrina, haberá unha xuntanza cos pais dos nenos que celebrarán a súa primeira comuñón ó longo deste curso. Haberá outra xuntanza máis o sábado 30 á mesma hora pero na igrexa parroquial.

Achado

Atopouse no camposanto un chaveiro de plástico amarelo. Pódese reclamar na sancristía.

Peregrinación xacobea
O sábado 30 deste mes con tódalas parroquias do Arciprestado de A Maía. Os que queiran ir en grupo (autobús ida e volta; Misa do Peregrino; xantar e visita cultural ó templo parroquial de Padrón por un prezo de 20.-€) anotarse antes do domingo 24 no despacho parroquial.
Cáritas

A colecta correspondente ó mes de xaneiro ascendeu a 603,50.-€ ¡Moitas grazas!

Imaxe de Santa Filomena

Logo de ser restaurada no obradoiro do artesán compostelán Luís Sóñora Lapido, volve a ubicarse na súa furna da igrexa parroquial para a piedade de tódolos seus devotos. Nestas próximas datas procederemos á restauración da imaxe de San Antón Abade.

Infancia Misioneira

Campaña de solidariedade misioneira entre os nenos. Celébrase o domingo 24 baixo o lema: “Cos nenos de África atopamos a Xesús”.

No hay comentarios: