Intencións das Misas
Luns 1:
18,00 h.: En Ortoño, por Nila García Sánchez
19,00 h.: En Bertamiráns, por Marisa e Fernando Fernández Sanmamed
Martes 2: A Candeloria
18,00 h.: En Ortoño, por Amalia Ameneiro Lata (1/2 ano)
19,00 h.: En Bertamiráns, polos defuntos da familia Togores Paramés.
Mércores 3: San Brais
18,00 h.: En Ortoño, por José Martínez Blanco e esposa.
19,00 h.: en Bertamiráns, a San Brais, int. dunha devota.
Xoves 4:
18,00 h.: en Ortoño, por Victoria Seijas Reinoso e máis defuntos da súa familia.
19,00 h.: en Bertamiráns, por José García Barreiro.
Venres 5: Santa Gadea (Águeda)
18,00 h.: en Ortoño, por Lino Barbeito Vilas, esposa Dolores Reino Salaño e máis defuntos da familia.
19,00 h.: en Bertamiráns, por José Luis Azcárraga.
Sábado 6:
17,00 h.: en Ortoño, Funeral.
18,00 h.: en Bertamiráns, Catequese.
19,30 h.: En Bertamiráns, por Josefa Liñares e Vicente Camafeita Rodríguez,; por Amalia Riaño; por Dolores Casal Iglesias.
Domingo 7: V do Tempo Ordinario
9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
11,00 h.: en Bertamiráns, por Constantino Crismán Nieto.
12,15 h.: en Ortoño, por Manuel González González.
Cabodano
O sábado ás cinco da tarde, na igrexa parroquial, celebrararse o funeral de primeiro aniversario por José Carballeira Paz.
Bautismos
Ingresaron na Igrexa católica, polo sacramento do Bautismo, o sábado 23: Carla Bargo Coiradas, e o domingo 24: Arthur Simonson Trillo. Ás súas familias os nosos parabéns.
Cáritas
Colecta para os damnificados do tremor de Haití nas misas do sa´bado 6 e o domingo 7 de febreiro.
Profesores de Relixión Católica da Zona
Xuntanza o mércores 5 ás sete e media da tarde na Casa Rectoral.
Bendición das candeas
A palabra "candea" (vela ou cirio) procede do latín "cándere" e significa brillar; é o nome popular que se lle dá á festa da Presentación do Señor no Templo, que ten lugar 40 días despois do Nadal. Nas misas do martes día 2, bendeciranse as candeas para que as levemos para a casa en recordo de Cristo presentado como Luz do Mundo.
Misa pola TV
Agora que contamos coa tecnoloxía do TDT, e pensando en doentes e impedidos, cómpre saber que tódolos días ás doce do mediodía, pola canle "Popular TV" , retransmítese a celebración da Santa Misa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario