O domingo 24 de outubro, día do Domund (Xornada das Misións) tivo lugar o inicio do ministerio como Párroco da Unidade Pastoral que conforman as parroquias de Ames e o seu unido Tapia, Agrón, Lens e Portor do sacerdote, D. José María Ripoll. Foi unha emotiva ceremonia presidida polo Sr. Vicario de Santiago, D. José Antonio Seoane. Agradecer as representacións de veciños das distintas parroquias que se achegaron ata este templo para acoller ao seu novo crego.
Aproveitamos este medio para presentarvolo tamén aos lectores asiduos deste blogue xa que de agora en diante o veremos nalgunhas das celebracións tamén nesta de Ortoño. Desexámoslle ao ata agora, párroco de Ames o televisivo e benquerido D. Manuel Blanco un venturoso futuro na súa nova encomenda na parroquia de Pastoriza en Arteixo. Rematados os actos os sacerdotes do arciprestado tiveron unha xuntanza de fraternidade na que aproveitaron para agradecer a D. Manuel a súa labor nestes oito anos.
¡¡¡Benvido a esta zona, D. José María!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario