martes, 16 de noviembre de 2021

Mantemento do Cemiterio parroquial de Ortoño



Está aberto ata o 31 de decembro de 2021 o prazo para o pago do mantemento deste cemiterio parroquial. A cuota é de 15 € anuais por propiedade.
Prégase aos propietarios dos panteóns e/ou sepulturas que teñan a ben facer este ingreso na sacristía ou na conta de ABANCA da que é titular a Parroquia de Ortoño con número ES52 2080 0317 7830 4001 1746 indicando nome e número de panteón ou fila e número de sepultura (IMPRESCINDIBLE). Tamén pode pagarse na sacristía da igrexa parroquial.

Non poderá figurar nas contas deste exercicio 2021 todo ingreso feito con posterioridade ao 31 de decembro.

Recórdase que para solicitar o uso deste cemiterio é necesario estar ao corrente no pago das cuotas anuais e ter a documentación debidamente actualizada que poderá ser solicitada.

Moitas gracias a todos!

No hay comentarios: