domingo, 14 de junio de 2020

Día do Corpus Christi


Xesús quedou con nós

 

Cando estamos lonxe das persoas que queremos, botámolas en falta e temos tristeza. Acordámonos moitas veces. Cústanos despedirnos. Alégranos ter noticias.

Aquela noite, na última cea, Xesús sentía ter que separarse dos seus amigos, costaballe marchar. Pensaba tamén en nós e desexaba estar sempre moi cerca de cada un.


No Sagrario é onde se queda Xesús para estar ao noso carón. Ao rematar a Comunión, o sacerdote garda as formas consagradas no sagrario. Podemos ir visitalo con frecuencia: para darlle gracias por tantas cousas. Para contarlle as nosas alegrías. Para falarlle dos nosos problemas. Para decirlle que o amamos, que é o noso amigo, o mellor amigo.

Cando leas esto escribe que cousas lle queres contar a Xesús nunha visita ao sagrario.

Boa semana para todos!

No hay comentarios: