jueves, 6 de diciembre de 2018

Visita do Sr. Arcebispo a esta parroquia


Queridos Veciños de Ortoño:

Como saben este ano 2018 é o 800 aniversario da aparición da Virxe María a Pedro Nolasco en Barcelona. Aquelo supuxo o inicio dunha devoción e dunha familia relixiosa dedicada á liberación de cautivos.

Pasaron 800 anos e seguen a ser moitas as cautividades que encadean ao ser humano. Por iso esta devoción á Virxe está moi extendida co título de Nosa Señora da Mercé e segue a ser profundamente actual.

Nesta parroquia temos a honra de ter unha ermida pequeniña pero que nos embelesa no lugar de Lapido. Cada ano en setembro imos alí para a festa e otras veces tamén ao longo do ano. No seu interior albérgase unha imaxe da Virxe da Mercé.


Con motivo dos 800 anos da súa aparición pensouse en facerlle un regalo e tras varias consideracións acordouse regalarlle a Ela unha coroa nova de prata enriquecida con pedras preciosas. Para que fose obra de todos cantos quixeran fai uns meses fíxose unha recollida de plata que logo se fundíu e entregouse a un orfebre de Sevilla para que realizase esta obra.



Teño o pracer de comunicarvos que o vindeiro domingo, día 16 de decembro ás 12.15 horas o Sr. Arcebispo de Santiago, D. Julián estará entre nós na misa parroquial.
Ao comunicarvos esta noticia con gran gozo quero pedirvos que non faltedes.
Será el quen coma Bispo e Pastor desta Igrexa de Compostela bendiga e coroe a imaxe da Virxe da Mercé.
Desexando saudarvos personalmente recibide unha aperta cariñosa xunto coa seguridade da miña oración por toda esta Parroquia.
José Luis,
Párroco de Ortoño e Covas.

No hay comentarios: