domingo, 3 de junio de 2018

Reflexións dun cura de Parroquia


Queridos veciños de Ortoño e Covas:

O mes de maio que rematamos e o de xuño que se inicia teñen unha unha continuidade entre a devoción sinxela pero firme á Virxe María e ao Sagrado Corazón de Xesús.
Un número importante de nenos (máis de 80) preparáronse para a recepción da Comunión por vez primeira e tamén as súas celebracións que continuarán ata agosto enchen as actividades da Parroquia. ¡Felicidades a todos eles e ás súas familias!
En medio de todo esto aparece con forza este ano a celebración da Festa do Santísimo en Covas e das Festas Patronais en Ortoño. Quixera invitar a participar con ilusión a todos, nada do que acontece na Parroquia debe sernos alleo ou descoñecido. Os nosos templos parroquiais foron durante séculos un fogar da Fe continúan a selo hoxe. Prepararemos un camiño de flores (alfombra) para o Señor.
Todos os actos relixiosos nestas parroquias deben manifestar a mensaxe de amor de Cristo a toda a humanidade e a nosa participación debe ser un eco deste desexo.
Na Misa producese un único acontecemento sempre, ainda que nela intercalemos eventos persoais. Tratase dun Amor que se entrega e faino marcado por un SILENCIO intercalado por dúas vibracións sonoras: a Palabra de Deus e a nosa alabanza. Durante a celebración hai varios momentos de silencio que nos invitan á meditación e que debemos coidar especialmente. Quixera animar á verdadeira participación nestes actos, especialmente ao acercarnos a comulgar -confesándonos se fora preciso-, a forma: na boca ou na man pero sempre diante do sacerdote, os xestos orantes: de pe, sentados, de xeonllos…tamén reza o noso corpo.




Sempre me pareceu fundamental que no medio do ruido da vida exista a posibilidade de abrir a porta da igrexa e mirar ao Sagrario onde está o Señor. Este lugar representa o recollemento: é importante o silencio nas igrexas, o silencio é a condición de acceso ao sagrado e a mostra de autenticidade do que estamos a facer.
Con afecto sincero e desexando que nos encontremos ao longo do mes moitas veces, recibide un abrazo e a seguridade da miña oración por todos.
José Luis, Párroco.

No hay comentarios: