lunes, 11 de junio de 2018

Festas en Covas e Ortoño


Querida veciñanza:

Que boas son as festas!
Non! Non teremos tempo de aburrirnos! Aínda que quen estea lendo isto agora mesmo non sexa unha persoa desas “que se comen aos Santos” este xuño non terá tempo de aburrirse.
En Covas teremos o vindeiro domingo, día 17 de xuño a Misa e procesión do Santísimo Sacramento. Os veciños xa están preparando todo para a alfombra e tamén para que todo luzca fermoso. Gracias pola vosa xenerosidade.

Cando penso en San Xoán, patrono de Ortoño, penso nun tipo estupendo. Ao velo a el tan actual, penso que, o día menos pensado, o que pode ser Santo…es ti ou eu.
Por outra banda cando penso en San Xoán -24 de xuño-, vexo fogueiras. Unha fogueira é a que con tanto agarimo acenderon os membros da Comisión de Festas lembrándonos como era hai poucos anos a festa do patrón de Ortoño. Estes si acenderon unha fermosa fogueira e moitos botamos unha man para que quente ben os días 24, 25 e 26 de xuño.

Xuntarémonos para honrar a San Xoán, ao Santísimo Sacramento e a San Antonio. Non me cabe a menor dúbida de que a fogueira chea de emocións está en marcha e para ben. Parece que vai ser unha fogueira moi grande que nos ensine a saltar, que nos adestre a todos, mozos e vellos, a saltar alto e sen queimarnos. Pode ser -se te animas-, unha fogueira que saltemos xuntos, ao redor da cal, nos demos a man todos os veciños e amigos de Ortoño, porque nos sentimos irmáns e construtores dunha sociedade e dunha parroquia que se une para iluminar aos demais. Si, as fogueiras iluminan. Unha luz grande, San Xoán 2018.
A miña máis sincera felicitación para todos nestes días convidándovos a facer un lume vivo no voso tempo e nos vosos corazóns para facer festa. E que a luz destes días brille nos rostros de cantos queirades vir.

Con agarimo sempre saúdavos,
José Luis Dorelle Iglesias, o voso Párroco.



No hay comentarios: