lunes, 21 de septiembre de 2015

Achádego en Ortoño: ano 1903

Como xa saben os veciños da parroquia estos días estase a facer unha intervención de rehabilitación e conservación nos retábulos da igrexa parroquial de san Xoán de Ortoño. Compartimos aquí un importante achádego nos dous retábulos máis recentes do conxunto. Trátase dos dous do cruceiro a modo de capelas laterais: o que actualmente alberga a imaxe de San Xosé ou o xoves santo o monumento e o do Cristo e a Virxe das Dores.
No de San Xosé; na cornixa apareceu despois da limpeza esta inscrición que nos axuda na súa datación: ano 1903. Polo que temos que os dous retábulos do cruceiro son de inicios do século XX.
 
 

 

No hay comentarios: