Como foi anunciado nos meses
anteriores –logo de ter conseguido a pertinente licenza de obras do Arcebispado
de Santiago e Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia- o conxunto de
cinco retábulos que a igrexa parroquial de Ortoño posúe están a ser intervidos
nunha labor de desparasitización e limpeza en orde á súa mellor conservación.
Esta intervención comezou o día 9
de setembro e prevese que dure ata o 24 de setembro.
A única misa prevista na igrexa parroquial é a do domingo día 20 de
setembro ás 12,15 horas e despois a partir do día 25 esperamos retomar a
actividade habitual alí. Recomendase consultar o Boletín Parroquial "O Sineiro" para coñecer o horario e lugares de celebracións estes días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario