viernes, 29 de julio de 2011

Boletín Parroquial "O Sineiro", n. 179

Intencións das Misas



Luns 1: San Alfonso María de Ligorio.

• 19,30 h.: en Ortoño, por Ida García Barreiro (6 meses).

• 20,30 h.: en Bertamiráns, por Fernando Fernández.



Martes 2:

• 19.30 h.: en Ortoño, polas Benditas Ánimas e defuntos de María Vilacoba.

• 20.30 h: en Bertamiráns, por Francisca Díaz Aguilar.



Mércores 3:

• 19.30 h.: en Ortoño, por Ernestina Fontáns Calvo, os seus pais e demáis defuntos da familia.

• 20.30 h: en Bertamiráns, por Juan Somoza.



Xoves 4:

• 19.30 h.: en Ortoño, polos defuntos da familia Bárcena González.

• 20.30 h: en Bertamiráns, por Santiago Baliña Vidal.



Venres 5: Dedicación da basílica de Santa María (As Neves).

19.00 h.: en Lapido, á Nosa Señora da Merced.


• 20.30 h: en Bertamiráns, NOVENA NA HONRA DA NOSA SEÑORA DIVINA PEREGRINA (día 1º).



Sábado 6:

• 19.30 h: en Ortoño, por Amalia Ameneiro Lata (2º aniversario); por Concepción Veiga Arca; por Arturo Buján Balsa; por Josefa Quintáns Salaño; por Ida García Barreiro, esposo e fillo; por José Mouriño Bello, Victoria Vilacoba Seco; a San Amaro e a San Antonio; por Mari Chelo Boquete (int. do seu esposo e fillos); polos defuntos da familia Cascallar-Varela; por Celia Romarís Sebe; por José, Josefa, Carmen, Ramiro e Manolo (int. de María Gómez García).

• 20.30 h: en Bertamiráns, NOVENA NA HONRA DA NOSA SEÑORA DIVINA PEREGRINA (día 2º).


Domingo 7 de AGOSTO:

• 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.

• 11,00 h.: en Bertamiráns, NOVENA NA HONRA DA NOSA SEÑORA DIVINA PEREGRINA (día 3º).

• 12,15 h.: en Ortoño, por Juan Carlos Fernández Seijas e os seus avós.



Exposición “O máis alá”

A Parroquia de San Caetano (frente á sé da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela) conta cunha exposición sobre a escatoloxía na que se expoñen entre outras pezas a do Anxo da Garda da nosa igrexa parroquial. Foi prestada ata o 15 de agosto e invitamos a cantos o desexen a acercarse por esta exposición de entrada gratuita.


Proclamas matrimoniais

Queren contraer matrimonio canónico D. Pablo Costas Seoane, natural de Vigo e residente nesta parroquia no lugar de Bertamiráns con Dna. Laura Arteagabeitia Aguado, natural de León e residente nesta parroquia no lugar de Bertamiráns.

Se alguén coñece algún impedimento ou prohibición para a celebración deste matrimonio debe informar en conciencia e baixo segredo ó Párroco.

Bautismos de Xullo

Durante o mes de xullo foron incorporados á Igrexa polo sacramento do Bautismo nesta parroquia os nenos: Tania, Roi, Nicolás, Adrián, David, Eric, Lola, Celia, Ainhoa, Marta, Iker, Nuria e Daniela.

Parabéns ás súas familias!



Misa en Lapido

O venres 5 de agosto (primeiro de mes) teremos a Misa na Capela de Lapido ás 19 horas.

No hay comentarios: