jueves, 14 de julio de 2011

Boletín Parroquial "O Sineiro" n. 177

Intencións das Misas


Luns 18:

• 19.30 h.: en Ortoño, por Pilar Tembra Gómez.

• 20.30 h: en Bertamiráns, a Santa Margarita, int. dunha persoa devota.

Martes 19:

• 19.30 h.: en Ortoño, por José Arufe Bustelo.

• 20.30 h: en Bertamiráns, por Manuela Lamas Ínsua e Carlos Iglesias Lamas.

Mércores 20:

• 19.30 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova.

• 20.30 h: en Bertamiráns, polos defuntos de Teresa Budiño.

Xoves 21:

• 19.30 h.: en Ortoño, por José Mouriño Bello.

• 20.30 h: en Bertamiráns, por Lorenzo Zaraúza Beiras.

Venres 22: Santa María Magdalena.

• 19.30 h.: en Ortoño, por María Castora Nieto Ortiz e defuntos da familia.

• 20.30 h: en Bertamiráns, por Marisa e Fernando Fernández Sanmamed.

Sábado 23:
• 19.30 h: en Ortoño, por Marcelo Signiorini e Urbana García e Bernarda García e Ester García Castiñeiras; por Manuel Mata Carril; polas intencións de Isabel Arufe Manteiga; por Ida García Barreiro, esposo e fillo.

• 20.30 h: en Bertamiráns, por Amalia Riaño; polas intencións de Suso, Cristina, Luis, Beatriz, Carlos, Graciela e José Luis; por Manuel Rioseco Mancebo.


Domingo 24 de XULLO:

• 9,00 h.: en Ortoño, por Santiago Baliña Vidal.

• 11,00 h.: en Ortoño, por Lino Barbeito Vilas e Dolores Reino Salaño.

• 12,15 h.: en Bertamiráns, por tódolos cofrades defuntos da Peregrina.


Cambio horario

O domingo 24 de xullo recibirá a Primeira Comunión un grupo de nenos en Bertamiráns polo que a misa de Ortoño pasa a ser ás 11 da mañá e a de Bertamiráns ás 12,15 horas. Téñano en conta as persoas que soen asistir neste horario.

Catequese 1ª Comunión

Os nenos que recibirán a comunión o vindeiro fin de semana terán o último turno de catequese intensiva esta semana entre o luns e o xoves ás 21 horas na Capela da Peregrina e o venres á mesma hora confesións e ensaio. É importante que asistan os pais especialmente o venres.

Santa María Magdalena

Polos evanxelios só podemos deducir que María a Magdalena foi unha seguidora de Xesús a quen este cambiou a vida.

O seguimento convertíuna en persoa significativa nas orixes cristiás. Festa o 22 de xullo.

25 de xullo

Este día celébrase a festa do Apóstolo Santiago, patrono de España e das seguintes cidades: Santiago de Sesimbra (Portugal), Santiago de Chile, Caracas (Venezuela), Santiago de Guayaquil (Ecuador), Santiago de Cuba, Santiago de Cali (Colombia), Santiago de Guatemala, Santiago de Veraguas (Panamá), Santiago de Chiuitos (Bolivia), Santiago de los Caballeros (República Dominicana), Provincia de Santiago de México, Saltillo Coahuila (México), San Felipe y Santiago de Montevideo (Uruguay).



O Apóstolo Santiago foi, según a tradición o primeiro dos Doce en dala vida polo Evanxeo. O mellor criterio para diferenciar a un apóstolo dun impostor son os seus frutos.

No hay comentarios: