viernes, 22 de julio de 2011

Boletín Parroquial "O Sineiro" n. 178

Intencións das Misa


Luns 25: Santiago Apóstolo.

• 9,00 h.: en Ortoño, por José Martínez Blanco e esposa.

• 11,00 h.: en Bertamiráns, por Santiago Boullón e defuntos da familia Boullón-Cunqueiro.

• 12,15 h.: en Ortoño, por Ester García Castiñeiras.



Martes 26: San Joaquín e Santa Ana.



• 19.30 h.: en Ortoño, á Virxen dos Milagros, int. dunha persoa devota.

• 20.30 h: en Bertamiráns, XIV Aniversario da dedicación ó culto da Capela da Peregrina.



Mércores 27: Non hai misa.



Xoves 28: Non hai misa.



Venres 29: Non hai misa.



Sábado 30:



• 19.00 h: en Ortoño, Boda de Juan Somoza Rodiles e Johanna Oien Lyssand.

• 20.30 h: en Bertamiráns, por América Abet Varela e esposo; por Mercedes Otero Rey e Jana Portomeñe García; por Amalia Riaño; por Elvira Mancebo.



Domingo 31 de XULLO:

• 9,00 h.: en Ortoño, por José Castro Negreira, int. da súa familia.

• 11,00 h.: en Bertamiráns, por Vicente García Pérez, cofrade defunto da Peregrina.

• 12,15 h.: en Ortoño, por Consuelo Fernández Vilar, Marcelino Fernández Vilar e defuntos da familia.


Exposición “O máis alá”

A Parroquia de San Caetano (frente á sé da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela) conta cunha exposición sobre a escatoloxía na que se expoñen entre outras pezas a do Anxo da Garda da nosa igrexa parroquial. Foi prestada ata o 15 de agosto e invitamos a cantos o desexen a acercarse por esta exposición de entrada gratuita.

Proclamas matrimoniais

Queren contraer matrimonio canónico D. José Nicolás García Peñalver residente en Santiago de Compostela con Dna. María Victoria Riobó Lestón residente nesta parroquia no lugar de Aldea Nova; igualmente D. José Vicente Faus Faus natural de Valencia con Dna. Teresa Ana Míguez Nordquist, natural de Canadá e residentes nesta parroquia no lugar de A Tarroeira.

Se alguén coñece algún impedimento ou prohibición para a celebración destes matrimonios debe informar en conciencia e baixo segredo ó Párroco.

Comunións

Os nenos que recibirán a súa Primeira Comunión esta fin de semana (3º grupo deste ano) son: Agustín, Borja, Estela, Irene, Iván, Moisés, Nicolás e Raúl.

Moitas felicidades a eles e ás súas familias!

No hay comentarios: