sábado, 26 de febrero de 2011

Boletín Parroquial "O Sineiro", nº 161.

Intencións das Misas


Luns 28:

• 18 h.: en Ortoño, a San José.

• 19 h: en Bertamiráns, polas intencións de Ana Isabel Viña.

Martes 1: Non hai misa.

Mércores 2: Non hai misa.

Xoves 3: Non hai misa.

Venres 4:

• 18 h.: en Lapido, á Virxe da Mercé.

• 19 h.: en Bertamiráns, intención libre.


Sábado 5:

• 17 h.: en Ortoño, por Concepción Veiga Arca e Mercedes Martínez Bustelo; por Ramón Álvarez (Castiñeiras).

• 18 h.: CATEQUESIS BERTAMIRÁNS.

• 19,30 h.: en Bertamiráns, por José Blanco Barreiro e esposa; por Manuel Fernández Negreira.



Domingo 6 de MARZO:

• 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.

• 11,00 h.: en Bertamiráns, por José Proupín Pena, cofrade defunto da Peregrina.

• 11,30 h.: CATEQUESIS ORTOÑO.

• 12,15 h.: en Ortoño, por Manuel Rodríguez González (6 meses).

Mércores de Cinza: Inicio da Cuaresma

O vindeiro mércores 9 de marzo dará comezo a Cuaresma; empezando así a conta atrás para a gran festa cristiá da Pascua. Teremos que empezar esta viaxe con ánimo e para iso faremos algúns preparativos e esforzos para facela convenientemente: imposición de cinza o mércores día 9 tanto en Ortoño como en Bertamiráns. E logo tódolos xoves da Coresma en Ortoño expoñérase o Santísmo ás 17,15 horas cun tempo de oración persoal e comunitaria e os venres faremos o exercicio do Via Crucis tanto en Ortoño como en Bertamiráns.

Rehabilitación da Capela da Mercé de Lapido

A cantidade total das obras –avaliados catro presupostos- ascende a 17500 €. A intención é escoller o mais axeitado en relación calidade-precio. A cantidade das doacións dos veciños, ata o mércores 23 de febreiro é de 3018 €.

¡MOITAS GRACIAS!

Engadidas as achegas coas que esperamos contar do Arcebispado, Parroquia, Deputación e Concello de Ames a cantidade que todavía falta é de 7107,13 €.

Seguimos animando a todos cantos con xenerosidade e na medida das súas posibilidades poidan facer algunha aportación de tal xeito que entre todos fagamos frente ás obras de rehabilitación desta Capela dedicada á Nosa Señora da Mercé.


Doacións en conta da “Asociación de Veciños de Lapido” (Novacaixagalicia nº 2091-0317-32-3000129197) ou ó Párroco quen emitirá se fora preciso o certificado pertinente para Facenda para desgravar o porcentaxe previsto por doacións feitas á Igrexa Católica.

No hay comentarios: