Luns 14:
• 18 h.: en Ortoño, por Celia Romarís e o seu fillo.
• 19 h: en Bertamiráns, por Valentín Reinoso García e Felisa Mariño Vidal.
Martes 15:
• 18 h.: en Ortoño, por Teodoro Lorenzo Dopazo (4º Aniversario).
• 19 h: en Bertamiráns, por Manuel Arca e Encarnación Antelo.
Mércores 16:
• 18 h.: en Ortoño, polos defuntos da familia Maroñas.
• 19 h: en Bertamiráns, por Santiago Baliña Vidal.
Xoves 17:
• 18 h.: en Ortoño, por Pilar Tembra Gómez.
• 19 h: en Bertamiráns, por Santiago Baliña Vidal.
Venres 18:
• 18 h.: en Ortoño, por María Maside Garlit e a súa nai Dolores.
• 19 h: en Bertamiráns, por Marisa y Fernando Fernández.
Sábado 19:
• 17 h.: en Ortoño, Funeral de seis meses por Carmen Abelleira Patrón.
• 18 h.: CATEQUESIS BERTAMIRÁNS.
• 19,30 h.: en Bertamiráns, por Amalia Riaño; por Rosalía Ageigón Caamaño y Vicente Caamaño Pedrazes; por Manuel Fernández Negreira; por Amparo Esparís Freire; por Dolores Seijas Suárez.
Domingo 20 de FEBREIRO:
• 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
• 11,00 h.: en Bertamiráns, por Serafín Castro Crismán, cofrade defunto da Peregrina.
• 11,30 h.: CATEQUESIS ORTOÑO.
• 12,15 h.: en Ortoño, polos defuntos de José Balsa e Florinda Rial.
Mans Unidas
A colecta das misas desta fin de semana do 12-13 de febreiro; irá destinada á CAMPAÑA CONTRA A FAME de Mans Unidas.
¡Moitas gracias pola vosa xenerosidade!
Colecta de Cáritas
A colecta das misas da fin de semana do 5-6 de febreiro destinada á nosa Cáritas Parroquial ascendeu a 582,20 € que xunto con 225 € que lle foron entregados ó Párroco fai un total de 807,20 €.
¡Gracias!
Rehabilitación da Capela da Mercé de Lapido
O pasado domingo (6-F) celebrouse na Capela de Lapido unha reunión cos veciños para informar sobre os trámites de rehabilitación da mencionada capela.
Resumo desta reunión:
O Presidente da Asociación de Veciños de Lapido agradeceu ós presentes a súa asistencia. A continuación a Secretaria agradeceu a diversas persoas á súa colaboración; moi especialmente ós arquitectos Salgado e Liñares pola realización do proxecto de forma gratuita e ó Concello. Informou tamén de como se conta cos oportunos permisos da Dirección Xeral de Patrimonio e do Concello de Ames.
De seguido informou sobre os presupostos que se solicitaran indicando que a cifra necesaria para realizar ás tres fases das obras (exteriores, interiores e instalación eléctrica) alcanza a cantidade de 18000 €.
As subvencións coas que esperamos contar ata o momento son ás seguintes: 1500 € do Arcebispado de Santiago, outros 1500 € dos fondos parroquiais de San Xoán de Ortoño (téñase en conta que esta é unha capela da Parroquia); 999 € da Deputación da Coruña e 3500 € dunha subvención do Concello para Asociacións.
Aproximadamente precisase xuntar uns 10000 € para poder acometer tódalas obras de xeito que a Capela de Lapido amose unha faciana renovada.
Acordouse alí pedir axuda a todos cantos poidan contribuír económicamente con este proxecto para este fin recíbense axudas na conta da Asociación de Veciños de NovacaixaGalicia nº 2091-0317-32-3000129197 (indicando “para a Capela de Lapido”). Tamén se poden entregar ó Párroco quen emitirá o certificado pertinente para Facenda para desgravar o porcentaxe previsto por doacións feitas á Igrexa Católica. Cada semana iremos indicando aquí como vai todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario