lunes, 6 de diciembre de 2010

CARITAS PARROQUIAL

CHAMAMENTO DE
CARITAS PARROQUIAL
SAN XOÁN DE ORTOÑO
ANTE O NADAL DE 2010

 
Caritas parroquial de San Xoán de Ortoño quere facer un chamamento a toda a comunidade cristiá pero en xeral a tódolos homes e mulleres de boa vontade que viven nesta parroquia.

Están a chegar as datas de Nadal; acontecemento que sempre nos fai sentir mais cercanos e solidarios con quen sofre facendo algún xesto especial non de simple esmola senón de un auténtico compartir fraterno.

Desde esta perspectiva facemos un chamamento especial para saír ó paso dalgunhas necesidades que nos últimos días se nos presentaron:

-algunhas persoas acercáronse pedindo roupa de abrigo; especialmente precisamos neste momento para axudar a algunhas familias: mantas e roupa de cama. Igualmente toda aquela roupa de abrigo tando de home coma de muller ou de neno que poida axudar a sobrelevar o clima dos meses de inverno.

-xoguetes usados ou non para achegarllos ós nenos de unidades familiares desfavorecidas de xeito que ningún neno do noso entorno quede sen un pequeno agasallo nestas datas. Onda eles recordamos a campaña de postais de nadal qeu fixeron os nenos da Catequese Parroquial adicada ós seus pais quenes poden pasar a recollela a cambio de calquer pequena larpeirada para outro cativo.

-todos estes artigos: mantas, roupa de abrigo, xoguetes, calefactores...etc; poderá entregarse no local parroquial no local que a Igrexa ten desde o verán na rúa Poeta da Maía, nº 1 (no baixo do Edif. Castriño); ou na igrexa de Ortoño ou na Capela da Peregrina no horario da Misa.

-agradecemos cordialmente ós alumnos do Colexio que coa súa profesora de Relixión Católica; Erundina, fixeron unha recollida de alimentos.

-por último lembrar que a colecta das Misas dos días 4-5 de decembro foi destinada íntegramente a Caritas Parroquial ascendendo a colecta a 732 €; que xunto con outros donativos que lle foron achegados ó Párroco fai un total de 942,10 €. 

Moitas gracias a todos pola vosa aportación
tanto material como espiritual

No hay comentarios: