Tralos montes do abrente
a lúa faise branca
para que a Pascua veña
Na Hora sinalada.
Hoxe no ceo hai présas
de casa que prepara
un banquete ó que está
a humanidade enteira convidada.
Escollera Deus Pai
con amor a seara
na que o Vento divino
sementara con gracia
aquel trigo asignado
a esta festa de Pascua,
¡e xa vai se-la Hora
de pór na mesa o Pan que Deus coidara!
Fará falta un milagre,
pois que o viño aínda falta,
que han pisalo mañá
nunha cruz levantada
no lagar do Calvario.
¿E esta cea esta noite?
É memoria da Pascua,
memoria do futuro;
é festa anticipada
do Pan que nos dá o ceo,
do Viño da Alianza,
daquel Año inocente
que, entregado mañá, a todos salva.
a lúa faise branca
para que a Pascua veña
Na Hora sinalada.
Hoxe no ceo hai présas
de casa que prepara
un banquete ó que está
a humanidade enteira convidada.
Escollera Deus Pai
con amor a seara
na que o Vento divino
sementara con gracia
aquel trigo asignado
a esta festa de Pascua,
¡e xa vai se-la Hora
de pór na mesa o Pan que Deus coidara!
Fará falta un milagre,
pois que o viño aínda falta,
que han pisalo mañá
nunha cruz levantada
no lagar do Calvario.
¿E esta cea esta noite?
É memoria da Pascua,
memoria do futuro;
é festa anticipada
do Pan que nos dá o ceo,
do Viño da Alianza,
daquel Año inocente
que, entregado mañá, a todos salva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario