miércoles, 3 de marzo de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro 115"

Intencións das Misas

Luns 8:
· 18,00 h.: en Ortoño, por María del Carmen Pensado Balebona.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina e á Virxe dos Milagres, int. dunha devota.
Martes 9:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Concepción Veiga Arca e Mercedes Martínez Bustelo.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, ás Ánimas, int. de Carmen Carballeira.
Mércores 10:
· 18,00 h.: en Ortoño, por José Mouriño Bello.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por José Budiño Rey e a súa irmá María.
Xoves 11:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Carmen Capeáns, esposo e fillos.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Carlos Pena Capelo.
Venres 12:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Pilar Tembra Gómez.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina, int. dunha devota.
Sábado 13:
· 17,00 h.: en Ortoño, Por Gumersindo Iglesias, esposa Mercedes e xenro Santiago Brandón; por Amalia Ameneiro Lata; por Victoria Vilacoba Seco; a San Brais, int. dunha devota; por Ramón Álvarez (Castiñeiras); por Dolores Brandón e esposo Francisco Amador; por Herminio Freire, esposa e máis defuntos da familia.
· 18,00 h.: en Bertamiráns: catequese.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos de Filucha Pérez; á Virxe Peregrina, int. de Carmen García e familia; por Ramón Feal Leira.
Domingo 14 (IV de Coresma):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Pilar Jallas Nieto.
· 12,15 h.: en Ortoño, á Virxe dos Milagres, int. de Marcelino Fernández e esposa Elena.

Defunción

O pasado mércores 24 de febreiro, ós 58 anos de idade, finou o veciño de O Porto, Domingo Antonio Blanco Souto. Descanse en paz.

Rezo do Vía Crucis

O venres día 12, ás cinco e media da tarde na igrexa parroquial e tamén despois da misa na capela da Peregrina. Ó ser venres de Coresma é día de penitencia e de abstinencia de comer carnes.

Xuntanza de pais

O sábado 13, na casa Rectoral de Ortoño, ás oito e cuarto da tarde, haberá unha xuntanza para os pais e nais dos mozos que se han de confirmar nesta Pascua.

Escola de Catequistas

Venres 12, ás oito da tarde na Rectoral de Os Ánxeles, xuntanza de formación para os catequistas do arciprestado de A Maía.

Cursiño de Cristiandade

Celebrarase en réxime de internado na casa de Exercicios Espirituais de Santiago entre a tarde do venres 9 á tardiña do domingo 11 de abril. Unha experiencia para coñecer, vivir e testemuñar o seguimento de Xesús Cristo en compaña doutros bautizados. Os interesados en participar dean aviso na Parroquia.

Exercicios Espirituais para mozos

Na Casa de Exercicios (Campus Sur de Santiago) dende as 13 h. do venres 19 ás 19 h. do domingo 21 de marzo. Organizada pola Delegación Diocesana de Pastoral da Mocidade e predicados polo relixioso salesiano Eugenio Domínguez. Trátase dunha experiencia de silencio, oración e coñecemento de Deus. Se queres participar dá conta na Parroquia ou chama ó teléfono 616.172.140.

Misa na TV

As persoas enfermas ou impedidas saiban que a Televisión de Galicia emite a celebración da Santa Misa tódolos domingos ás dez da mañá.

No hay comentarios: