Avisos importantes...
Para os veciños de Agrón:
Despois
da reunión mantida o pasado 31 de marzo acordouse abonar na conta parroquial de
ABANCA ES05 2080 0327 4130 4000 7212 (indicando nome
da casa e lugar ou panteón) ou ao Párroco os
gastos de mantemento do cemiterio e parroquia.
Xa se
abonaron os recibos do lixo -non estaban domiciliados-
adeudados por esta Parroquia (varios dos anos 2017, 2018, 2019 e 2020) a Espiña
e Delfín (Concello de Ames). Darase conta en reunión próxima.
Para os veciños de Brión e asistentes á Capela de Santa Minia:
O 7 de abril comezaron as obras de
Restauración do Retablo-baldaquino e Sepulcro de Santa Minia. Polo que as Misas
serán todas na igrexa parroquial mentres dure este proceso. O custo total será
de 24.000€. Na igrexa poderá consultarse o proxecto aprobado por Patrimonio e
Arcebispado. Aportacións voluntarias ata o momento: 410€
Para os veciños de Cobas:
Veñen de ser contratados os
traballos para arranxar as filtracións de auga que entran no interior do templo
pola fachada e tellado. O custo é de 6.957,50€. Os veciños poden recoller na
igrexa máis información. Cos fondos parroquiais existentes xa se abonou o 30%
do total.
Aportacións voluntarias ata o
momento: 1995€
Para os veciños de Ortoño:
Van ser cambiadas as ventás da
igrexa parroquial. O custo é de 8.488,15€. Pode consultarse co Párroco calquer
dúbida relacionada con esta intervención encamiñada a mellorar o templo. Cos
fondos parroquiais abonouse o 30%.
Aportacións voluntarias ata o
momento: 4155€
Aquelas
persoas que desexen un certificado do
seu donativo para o imposto da Renda (IRPF) e así desgravar poden solicitalo.
Moitas gracias pola colaboración
para axudar a sufragar os gastos destas intervencións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario