sábado, 20 de febrero de 2021

Xaxún e abstinencia

 Para facer o xaxún e abstinencia de comer carne como nos pide a Igrexa neste tempo...

Deben terse en conta as seguintes normas:

1.      Na Igrexa universal, son días e tempos  penitenciais todos os venres do ano e o tempo de Coresma ( c. 1250).

2.      Retense a práctica penitencial tradicional dos venres do ano, consistente na abstinencia de carnes; pero pode ser substituída, segundo a libre vontade dos fieis, por calquera das seguintes prácticas recomendadas pola Igrexa: lectura da Biblia, esmola (na contía que cada un estime en conciencia), outras obras de caridade (visita de enfermos ou  atribulados), obras de piedade (participación na Santa Misa, rezo do rosario, etc.) e mortificacións corporais.

3.      Con todo, nos venres de coresma debe gardarse a abstinencia de carnes, sen que poida ser substituída por ningunha outra práctica. O deber da abstinencia de carnes deixará de obrigar nos venres que coincidan cunha solemnidade e tamén se se obtivo a lexítima dispensa.

4.      En canto ao xaxún, que ha de gardarse o Mércores de Cinza e o Venres Santo, consiste en non facer senón unha soa comida ao día; pero non se prohibe tomar algo de alimento á mañá e á noite, gardando os lexítimos costumes respecto a a cantidade e calidade dos alimentos.




No hay comentarios: