No
ano 950, o bispo francés Gotescalco é o
primeiro peregrino que chega a Santiago e que consta por escrito. A partir dese
momento, o Camiño xa é unha realidade en constante auxe. Fíxanse unha serie de
roteiros, levántanse pontes, constrúense albergues, hospitais, mosteiros e
mesmo pobos.
O
Camiño serviu para un intercambio de cultura, arquitectura, literatura e distintas
correntes culturais que os peregrinos traían de Europa e levaban a Europa. Era
o Camiño da Comunicación daquel entón.
A
Compostela peregrinaban crentes de todas as nacións e condicións sociais: Reis,
Arcebispos, Bispos, Príncipes, Santos e milleiros de persoas con espírito de
conversión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario