É un costume popular para marcar o
paso das semanas de advento facer unha coroa con ramas verdes (sen flores que
serán mais do Nadal) na que se colocan catro cirios vistosos. O rito consiste
en encender cada domingo un cirio máis: un o 1º domingo, dous o 2º
domingo...etc. O encendido de cada vela pode ir acompañado dunha oración en
familia. Aquí proponse unha:
Encendemos, Señor, esta
luz,
como aquel que sae de
noite e necesita luz para ir ao encontro de quen ven.
Nesta primeira semana do
Advento queremos prepararnos a recibirte con ledicia. Coida desta familia,
danos sentimentos de xenerosidade, de axuda mutua e de paz...de esa paz que Ti
nos das.
Ven, Señor Xesús!
Co ADVENTO comeza o ano litúrxico. É
un tempo de PREPARACIÓN para VIVIR felices o NACEMENTO de XESÚS.
O color do Advento é o MORADO.
MARÍA, XOSÉ, o profeta ISAÍAS e XOÁN
BAUTISTA axudaránnos neste CAMIÑO cara o NADAL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario