Queridos veciños e amigos:
Din que para transformar unha cousa é necesario amala. Á súa vez para amar é necesario coñecer. Canto máis coñezamos algo, máis o poderemos amar, hai unha relación imprescindible entre coñecemento e amor. Isto é o que ano tras ano nos vai pasando neste pobo coa Virxe Peregrina e a súa festa. Vai crecendo o amor porque coñecemos máis.
Quero dicir que o amor dilata as pupilas e permítenos ver cousas que antes non aparecían ante a nosa mirada. É o que ocorre coas nais, que posúen un sexto sentido para darse conta da situación pola que está atravesando alguén da familia. Cando unha nai dille a un fillo: A ti pásache algo, é prácticamente seguro que acertará.
Por iso a festa de Peregrina ensínanos a ver, coñecendo e amando. Coñecendo este fermoso costume de celebrala en Bertamiráns (Ortoño) desde o século XVIII e amándoa como o que é: a Nai de Xesucristo e deste pobo, Reina. Cada vez que a miramos a Ela -di o Papa Francisco-, volvemos crer no revolucionario da tenrura e o agarimo (Francisco, A alegría do Evanxelio, n. 288). Teño para min que este ano un gran milagre ocorreu aquí: parecía que a festa nocturna con todo o seu atractivo non podería celebrarse por falta de organizadores pero de súpeto e cun gran ímpetu saíu á boia e postos á obra esperamos celebrala ao grande.
Agradezo moito o tesón
que a Comisión de festas e a Cofradía da Virxe Peregrina poñen en que
todo salga ben e luza para goce de todos. É moi bonito comprobar o positivo que
nos rodea e saber dar grazas.
Permitídesme terminar dicindo que ante a imaxe de Peregrina son moitas
as veces nas que ao celebrar a Santa Misa teño un recordo moi especial para
eses pais e nais de familia que se sacrifican día tras día para dar calor ao
seu fogar; ás persoas que acompañan aos enfermos, dándolles o consolo dunha
mirada, un sorriso, sen pedir nada a cambio; traballadores de todos os niveis
que se esforzan por facer todo moi ben. Cabería un longo etcétera, pero podo
concluír, sen o risco de equivocarme, que hai moita xente boa ao noso carón.
A todos: felices festas de Peregrina!
Con
afecto sincero,
José Luis Dorelle Iglesias
Párroco de Ortoño
No hay comentarios:
Publicar un comentario