miércoles, 24 de julio de 2019

25 de xullo, Santiago apóstolo


25 DE XULLO

SANTIAGO, APÓSTOLO

Patrono de Galicia e de España

Nado en Betsaida, era fillo de Zebedeo e Salomé, e irmán de Xoán, apóstolo e evanxelista. Con seu irmán e con Pedro estivo presente nalgúns momentos nos que non aparecen os demais discípulos. Así sucedeu no episodio da filla de Xairo, na Transfiguración e na agonía do Mestre no horto das oliveiras.

A vella tradición da súa predicación e enterrramento en Compostela veu acadar novos argumentos nos achados arqueolóxicos feitos ultimamente no soto da Catedral compostelana. España vén profesando desde hai moitos séculos a súa devoción a Santiago, non só coma evanxelizador, senón tamén coma patrono e protector.

No século XII, concedeu o Papa o privilexio do Ano Xubilar Compostelano, que ten lugar sempre que o 25 de xullo, festa do martirio de Santiago, coincide en domingo.

No hay comentarios: