Deixo no Boletín parroquial "O Sineiro" (edición impresa) un resumo da xestión económica desta Parroquia
durante o ano 2018. O bo uso destes fondos vai acompañado por un esforzo de transparencia e lealdade por
parte de quen os administra.
Hai un balance altamente
positivo que non sae aquí pero que unha vez mais quero poñer de relevo: a xenerosidade de moitas persoas que voluntariamente
prestan unha axuda na esfera da caridade, catequese, música e liturxia, festas,
eventos diversos como as alfombras do Santísimo, grupo comarcal de Mans Unidas,
Vida Ascendente, cursiño prematrimonial...etc. Se tivéramos que aboar en cartos
sería imposible. Gracias de corazón.
Problemas, erros e debilidades non
faltan. Son moitos os frentes abertos. Conformaríame con que polo menos nós
teñamos claro que existe unha falsa
imaxe da Igrexa na que presuntamente esta é rica ou moi rica. No apartado
de ingresos poden ver que todo procede das súas aportacións voluntarias, das
cuotas de mantemento do cemiterio e do uso do templo. Destacan as colectas de Cáritas
directamente, ou para o Domund e Mans Unidas. A parroquia faise cargo tamén dos
gastos ordinarios do local de Cáritas (luz, auga, gastos do edificio,
seguro...). Podemos decir que no 2018 dedicamos
8.892,40 € a Caritas entre axudas e gastos que xenera o local, esto supón
un 29,7% dos ingresos anuais. O porcentaxe máis alto.
Nos últimos anos fóronse facendo
moitas pequenas cousas en todos os lugares de culto e na casa parroquial. Son moitas
as actividades que entre todos sacamos adiante. Por todo e sen excepción MOITAS GRACIAS.
Recibide
unha aperta de
José
Luis
Párroco
de Ortoño e Covas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario