AVISO PARA OS ASISTENTES Á MISA DE 11 HORAS NA CAPELA DA PEREGRINA ESTE DOMINGO 15 DE ABRIL
A cuarta e última proba do circuíto
Transgalaica 2018 celebrarase este domingo, 15 de abril, no concello de Ames. A
única etapa que transcorre na provincia da Coruña (as tres restantes
desenvólvense por diferentes concellos da provincia de Pontevedra) é posible
grazas á iniciativa do Club de ciclismo amesán os Esfola Arrós, que conta coa
colaboración do Concello de Ames. A saída realizarase ás 9:30 horas dende o
Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Por mor deste evento non será
posible estacionar na rúa da capela da Peregrina no horario da Misa dominical; mais
info premendo AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario